Ola familias! Espero que esteades a gozar deste pequeno descanso, aquí vos deixo un pequeno resumo do que foi o día a día na aula de tres anos nesta segunda parte do trimestre.
Seguimos adiante cos nosos proxectos:
As emocións:
Expresamos emocións:
ALEGRÍA
MEDO

AMOR

Representámolas no papel:
E escribimos nas gotas o que sentimos con cada unha delas:
Proxecto metereoloxía:
Saímos todos os días a nosa "Ventanita" para ver o tempo que fai... e vivímolo tamén!
As chicas maiores de sexto veñen a explicarnos a súa folla do calendario relacionada coa ciencia, explicáronnolo moi ben!
Proxecto de Arte: Herve Tullet e as cores:
Mezclamos amarelo e vermello e descubrimos o laranxa:
Aclaramos as cores:
Oscurecemos as cores:
Coa chegada da primavera facemos flores ao estilo de Tullet:
Xogamos a facer camiños que despois decoramos coas cores:

No obradoiro de grafismo creativo:
Despois de traballar o conto: "No quiero el cabello rizado", atrevémonos a debuxarnos cunha melena rizada, mirade que guapos quedaron!
Traballamos o triángulo e seguimos a súa forma debuxando os seus lados cada vez máis grandes:
Estampamos varias formas xeométricas e animámolas:
Empregamos formas xeométricas para facer un debuxo:
A nivel lóxico-matemático, seguimos traballando os números, as cantidades, as formas xeométricas, tanto a nivel manipulativo como gráfico:
Seguimos traballando a lectoescritura a partir do nosos nomes e nas rutinas diarias:
Aproveitamos todos os recunchos da clase para pasalo ben!
Tamén traballamos moito na horta: plantamos leitugas, fresas e arándanos:
Tamén aproveitamos uns tubos de ensaio para ser científicos e estudar bioloxía!
Tivemos dous obradoiros moi interesantes:
"Día da muller na ciencia"
E como estamos en abril, o mes da primavera e dos libros por excelencia aproveitamos para:
Decorar as escaleiras cuns tulipáns que fixemos co profe Óscar:
Falar das personaxes de contos que máis nos gustan, e pegámolos no mural dos contos de Arnaldo:
E tamén nos reunimos en asamblea de troncos para compartir novas historias:
Por suposto tamén aproveitamos para descansar da calor, e gozar dos sons da primavera!
E así rematamos o trimestre, andaina e lambetada para o corpo!!
ESPÉROVOS A VOLTA!!