martes, 22 de abril de 2025

MES DE MARZO COA TROPA DE 5 ANOS

Marzo foi un mes cheo de cousas bonitas. Ademais de seguir traballando diferentes rutinas e propostas do día a día fixemos moitas cousas máis. Conmemoramos a semana da prensa xogando con xornais e coñecéndoos un pouco máis: inventamos uns titulares moooi toliños! Preparamos unhas postais cargadas de amor para os compis do cole de Valencia, e tamén fixemos unha saída a Ponte para ver un concerto (podedes ver máis do concerto premendo AQUÍ)

Tamén conmemoramos o día da muller facendo ciencia, cos amigos de Ciencia en movemento, sobre mulleres inventoras, pasámolo pipa!


E por suposto non faltaron as celebracións, e compartimos con Xoel e Andrea a alegría polo seu 6º aniversario!


Ningún comentario:

Publicar un comentario