venres, 2 de maio de 2025

EN ABRIL... COUSIÑAS MIL NA CLASE DE 5 ANOS!!

Abril estivo cheiño de actividades especiais. Podedes ver máis no blog de Arnaldo: o curso de primeiros auxilios polo día da saúde premendo AQUÍ, a despedida do 2º trimestre coa andaina e a busca de ovos de pascua premendo AQUÍ e as lecturas compartidas do día do libro premendo AQUÍNeste vídeo tendes un resumo xunto con outras actividades que fixemos na aula.


Pero non todo van a ser celebracións! No día a día non deixamos de traballar un montón e de aprender cousas novas. Non é facil capturar eses momentos, pero aquí tendes unha mostra do moito que traballamos e aprendemos cos xogos de mesa (encántannos!) e o ben que nos movemos, cada vez con máis autonomía, coas propostas de traballo que prepara a profe.

E por suposto non faltaron as festas, que nesta clase temos a primavera cheiña de aniversarios. Este mes tocoulles a Alicia, Paula e Xavi dar 6 voltas ao sol e compartir cos compis recordos moi especiais.
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario