Aquí deixámosvos de novo algunhas imaxes de moitas das cousas tan chulas que facemos, o moito que traballamos e aprendemos e o ben que o pasamos. Esperamos que vos guste e que gocedes véndoo!!!
Abril estivo cheiño de actividades especiais. Podedes ver máis no blog de Arnaldo: o curso de primeiros auxilios polo día da saúde premendo AQUÍ, a despedida do 2º trimestre coa andaina e a busca de ovos de pascua premendo AQUÍ e as lecturas compartidas do día do libro premendo AQUÍ. Neste vídeo tendes un resumo xunto con outras actividades que fixemos na aula.
Pero non todo van a ser celebracións! No día a día non deixamos de traballar un montón e de aprender cousas novas. Non é facil capturar eses momentos, pero aquí tendes unha mostra do moito que traballamos e aprendemos cos xogos de mesa (encántannos!) e o ben que nos movemos, cada vez con máis autonomía, coas propostas de traballo que prepara a profe.
E por suposto non faltaron as festas, que nesta clase temos a primavera cheiña de aniversarios. Este mes tocoulles a Alicia, Paula e Xavi dar 6 voltas ao sol e compartir cos compis recordos moi especiais.