mércores, 11 de xuño de 2025

MAIO NA CLASE DE 5 ANOS

Despedimos maio e non podemos crer que xa estamos no último mes deste curso: o último mes en infantil!! Este mes fixemos un regalo moi especial polo día da familia: decoramos unhas macetas nas que plantamos unhas plantas que son da familia de Pepita, que vive con nós dende que chegamos ao cole, e que teremos que coidar con tanto amor como as nosas familias. Tamén dedicamos moito tempo á nosa cápsula do tempo, que nos fai traballar un montón: medindo, escribindo, aprendendo a facer descricións... 

Un dos días máis especiais do mes de maio foi a excursión que fixemos a "Donde viven los cuentos", un día que desfrutamos un montón e no que fixemos un montón de cousas. Encantounos o espazo, sen dúbida moi recomendable para una excursión en familia.
 

Este ano repetimos as sesións de relaxación e fixemos un baño de gong... que boa falta nos fai relaxarnos!


E por suposto non podían faltar as celebracións, este mes festexamos que Theo e Artai xa teñen 6 anos: parabéns aos dous!


Ningún comentario:

Publicar un comentario