luns, 16 de abril de 2018

PARABÉNS EUGENIO!

Comezamos esta semana cun aniversario: Eugenio xa ten 4 anos!


Esa coroa tan chula foi o resultado do traballo detallista de Eugenio con axuda dos seus compis. 



Celebramos os 4 anos de vida de Eugenio que dou 4 voltas ao sol mentres vimos canto medrou nestes anos. 



Coma sempre, desfrutamos moito vendo as fotos dende bebés, todos coincidiron que Eugenio ao nacer era igualiño pero máis pequeno. 



Eugenio decorou a súa letra con moito coidado e elexiu un montón de cousas para pegarlle. 



Así de chula quedou a súa inicial... que pouquiño falta para completar a parede das letras!



Por suposto cantamos e soplamos as velas con Eugenio... as merendas dos cumples sempre son especiais!



Cando estamos de festa sempre temos ganas de bailar, pero hoxe especialmente, xa que tamén celebramos que saiu o sol, así que decidimos baixar ao patio dos maiores a bailar e saltar!



Aproveitamos a tope o tempo de xogo... moitos lle dixeron a Eugenio que era un cumple moi guai!!





Parabéns Eugenio, encantounos celebrar este cumple ao sol. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario