mércores, 18 de abril de 2018

PROXECTO: OS CONTOS (I)

Estes días empezamos un novo proxecto na aula de 4 anos que nos levará polo fantástico mundo dos contos. Este novo proxecto está inmerso no PDI do cole "Explorando na casa de Arnaldo" que este ano ten como eixo central a nosa biblioteca. Para empezar fomos á biblio e investigamos que nela non só hai contos. Buscamos diferentes tipos de libros que alí podiamos atopar e levámolos para clase.
Tamén escribimos unha nota para as familias pedíndolles que nos manden os nosos libros favoritos ao cole xa que nos imos a converter en "contacontos" e animándoas a que participen nesta actividade connosco. Esperamos que sexan moitas as familias que se animen!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario