Ola familias
O curso está a piques de rematar, esta é a última publicación que facemos, pero de cara ao verán. Vouvos deixar unhas cantas recomendacións, suxestións ou consellos para que os vosos peques desfruten das vacacións xogando e aprendendo e para que podades desfrutar con eles axudándoos en todo aquilo que necesiten.
Este curso aínda que foi especial traballaron moito en unhas circunstancias diferentes e gracias ao voso apoio, sen o que non sería posible os obxectivos conseguidos e agora toca VACACIÓNS.
O verán é para XOGAR e DESCANSAR das tarefas escolares e recuperar forzas de cara ao curso que vén. Por iso vouvos recomendar unha serie de actividades que axuden aos vosos peques a non esquecer o aprendido pero lembrade sempre dunha forma lúdica.
-CONTOS: Lerlles contos, e deixar que sexan eles quen os "lea". Facerlle preguntas sobre os personaxes...debuxalos...etc. Inventar historietas. É moi importante lerlle un conto tódolos días.
-LETRAS: Buscar letras en contos, xornais, revistas, carteis, etiquetas da roupa.....adiviñar que pon, como se escribe, copiar as palabras......
-NÚMEROS: Contar obxectos habituais que hai na casa ou cando imos de compras...froitas, utensilios de cociña, roupa, xoguetes....Ver números en etiquetas, números de teléfono, matriculas de coche, número da casa, número de portas, de ventás, de seillas....Escribilos.
-SUMAS E RESTAS: Facer sumas e restas sinxelas con obxectos da casa, por exemplo...Na casa hai tres mazás e miña nai comprou dúas...¿Cantas hai agora? e se meu pai come unha...¿Cantas quedan?
-PLÁSTICA: Recortar con tesoiras cousas de revistas (fotos, letras,) e facer un collage, plastilina, colorear con diferentes materiais, debuxar.....
Se temos na casa caixas de ovos, tapóns, témpera, e uns paus, podemos facer estas preciosas flores.
-XOGOS DE MESA: oca, dominó, cartas, quebracabezas, rompecabezas.....
-ATENCIÓN E MEMORIA: Adiviñas, aprender cancións, trabalinguas, veo veo...
Aquí tendes unha das moitas adiviñas que podedes encontrar:
-EXPERIMENTOS: Déixovos algún experimento para facer na casa.
Facemos area máxica para facelo necesitades:
-fariña
-aceite ( girasol, oliva, bebé...)
-colorante alimenticio
Mesturades 8 cucharadas grandes de fariña por 2/3 de aceite. Se queredes area con cor botámolle unhas gotiñas de colorante da cor que queirades ou tamén se non tendes colorante pode valer a témpera. Aquí tendes o resultado.
-COCIÑA CREATIVA: "La casita de chocolate" do conto Hansel e Gretel.
Ingredientes:
-Pan de molde
-Crema de cacao
-Galletas
-Lacasitos
-Chocolate blanco
Mirade que chulada de casa....!!! Imos a comela enteira !!!
E aproveitamos para ler o conto onde aparece a casiña de chocolate de Hansel e Gretel.
Coma seguramente van sobrar lacasitos....Que vos parece se facemos outro experimento...??
Soamente necesitamos:
-Un plato blanco
-Lacasitos de diferentes cores
-Auga
Poñemos ao redor do plato os lacasitos e cubrimos con auga hasta que cheguen aos lacasitos, esperamos 5-6 segundos e... listo!!!...a desfrutar dun precioso arco iris.
Se tendes a oportunidade de ir de vacacións ao campo ou montaña, hai que aproveitala ao máximo.Os peques están en contacto coa natureza, e poden aquí desenrolar actividades lúdicas e educativas moi interesantes.
Déixovos estas imaxes que podedes facer con elementos naturais cando vaiades ao campo.
-
- AUTONOMÍA: Deixade que os nenos e nenas vaian adquirindo cada vez mais autonomía como vestirse e desvestirse sós, comer, axudar nas tarefas da casa ( recoller as súas cousas, poñer a mesa...etc ).
E sobre todo "XOGAR MOITO CON ELES".
RECORDADE:
Aquí remato....quero agradecervos o voso ESFORZO, a vosa COLABORACIÓN e COMPRENSIÓN.
Deséxovos de todo corazón que pasedes un FELIZ VERÁN.
Moitos bicos e apertas.
ATA SEMPRE FAMILIAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario