martes, 2 de xaneiro de 2024

A CLASE DE 4 ANOS DESPIDE 2023

Os nenos e nenas da clase de 4 anos despedimos o ano cun mes cargadiño de actividades que intentamos desfrutar e saborear a tope. A primeira semana, que foi moi cortiña pola ponte, aproveitámola moito para comezar a decorar a aula e participar na ambientación do Nadal do cole.

Na semana do 11 ao 15 seguimos rindo e sorprendéndonos coas sorpresas de Pupi: un día ata tivemos que facer unha búsqueda do tesouro para atopalo! Foi unha semana ben completa: fixemos turrón coa profe Jeni, comezamos a facer as postais de Nadal e saímos en bus ata Viveiros O Piñeiro, onde pasamos unha mañá chulísima con todo o alumnado de infantil. 

A última semana do trimestre foi moi intensa e emocionante. Pupi trouxo un amigo ao cole e foi moi divertido atopalos. Rematamos as postais, preparámolas no seu sobre e co selo, e levámolas a correos. Tamén saímos a facer unha visita aos veciños da Galiña Azul, alí saudamos ás profes, ás nenas e nenos que sempre vemos dende o patio... e preparamos unha sorpresiña ;)
Por suposto ensaiamos moito co profe Tano para o festival (xa vedes que sen público soltámonos máis) e desfrutamos un montón da viaxe en tren, do festival, da chocolatada... viva o Nadal!!! 

No blog de Arnaldo, o mes pasado, falámosvos do mes da ciencia, e podedes ver os experimentos que fixo o alumnado premendo AQUÍ. Pois aquí tendes a versión extendida da tropa de 4 anos facendo espuma: pasámolo pipa! 

Recordade que no blog do cole tendes máis vídeos de actividades nas que participaron e desfrutaron os nenos e nenas de 4 anos. 
Déixovos por aquí algúns enlaces para que non perdades ningunha: felicitación do colefestival de Nadal, actividades compartidas, actividades de infantil.
En 2024: máis e mellor!

Ningún comentario:

Publicar un comentario