As nenas e nenos de infantil, ademais das moitas cousas que facemos nas aulas, desfrutamos moito coas actividades conxuntas de todo o cole: encántanos estar cos maiores! E tamén o pasamos xenial nas actividades que facemos xuntos todo o alumnado de infantil, aquí tendes unha recompilación das que fixemos no último mes de curso.
Polo 25N, no día contra a violencia de xénero, traballamos "O libro dos porcos" e falamos do importamte que é colaborar en casa. Fixemos uns antifaces pensando en que colaboramos e vendo ideas de moitas cousas nas que podemos colaborar aínda que sexamos peques.
Seguimos coidando e mellorando o noso cole, e enchendo Seixo de vida. Xuntámonos para plantar algunhas hortensias e poñer máis bonita a fachada do cole: estamos desexando velas en primavera!!
Encántanos saír do cole, e se é en bus aínda é máis emocionante! Todo o alumnado de infantil fomos ata Viveiro O Piñeiro onde desfrutamos dunha mañá diferente e moi especial. Coñecimos moitas plantas, peixes, roedores... e desfrutamos do decorado tan fermoso que teñen de Nadal, ademáis de maquillarnos de renos. Unha mañá moi completa!
E por suposto desfrutamos da visita máis especial do ano: Papá Noel estivo en Seixo!!!
Estade pendentes do blog de Arnaldo, porque alí contaremos máis aventuras que vivimos cos compis de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario