luns, 8 de xuño de 2020

ÚLTIMO BOLETÍN ACTIVIDADES 3 ANOS

Ola familias!!!

O curso chega ao seu fin e esta semana é a última das publicacións de infantil, polo que pensamos que era unha boa idea, deixarvos algunhas orientacións e consellos para xogar e traballar cos peques este verán.

Estes "deberes de verán" teñen como obxectivo ser consellos para xogar e gozar cos vosos fillos/as de maneira lúdica e divertida, en calquera situación e contorna, para que continuedes axudándoos a seguir madurando e crecendo nestes meses estivais.


Este curso foi diferente ós demais e por iso teño que dar as grazas polo voso esforzo, o traballo realizado dende vosas casas, a vosa comprensión... pero sobre todo quero resaltar o gran esforzo deses pequenos/as grandes campións que tendes na casa e que souberon e saben levar esta situación cunha capacidade de adaptación sorprendente!!! . Agora é tempo de falar de vacacións, de desfrute, de descanso, e a pesares de que aínda nos queda un pouquiño de tempo, pronto, seguro , volveremos a estar e a desfrutar xuntos!!!


* * * * * * * * * *


"Deberes de verán para toda a familia"

1. Saír ao campo para xogar con paus, pedras, auga, terra... sen medo a mancharvos 

2. Ler contos xuntos, deixar que sexan eles os que nos "lean", confeccionar historias, debuxalas... 

3. Sorrir mesmo neses días nos que vos sacan de quicio, poñer límites ao enfado para pasar por alto algunhas cousas 

4. Ser nenos xuntos: deixar que vos lembren o que é ser nenos e desfrutar xogando (saltar na cama, loita de almofadas, guerras de auga...) 

5. Montar en bicicleta, bailar, xogar un partido, patinar... 
6. Facer xuntos castelos de area na praia 
7. Facer excursión xuntos e visitar sitios novos de cando en vez, non ten que ser algo caro au afastado, pode ser unha tenda, un campo, unha praia... 
8. Ir a algún museo e facer unha visita a súa altura (temos algúns moi preto) 
9. Cazar bechos e aprender deles 
10. Pasear ao seu ritmo e deixar que vos ensinen o que atopen no camiño. 
11. Xogar con eles a xogos tradicionais: saltar a comba, construcións, bolos, cartas, veo-veo, chapas... 
12. Facer pícnics 
13. Compartir as tarefas sinxelas da casa, poñer a mesa, limpar o po, recoller os seus xoguetes, cociñar xuntos receitas sinxelas... 
14. Falar da cor das cousas,da súa forma, tamaño... buscalas na contorna, preguntarlle por elas...
15. Tamén é un bo momento para: 
- Cortar con tesoiras, rasgar, engurrar papel...
- Xogar coas letras (maiúsculas e os números, buscalas nos contos, nos folletos, nos carteis, nas matrículas...)
- Contar obxectos, animais, preguntarlles cantos hai... 
16. Deixar que se vistan sós e mesmo que algún día elixan a roupa, que se aseen sós, que coman sós...(aínda que nós esteamos sempre diante). 
17. Darlle liberdade e autonomía de decisión en todo o que sexa posible 
18. Desfrutar a tope todos os días do verán , cada momento xuntos deixará unha pegada nas súas vidas 
19. Darvos moitos bicos e apertas, e dicirvos cada día o moito que vos queredes 
20. Falar moito con eles e elas, escoitalos, preguntarlles como se senten, sobre o que fixo durante o día,o que máis lle gustou ou sobre os planes para o día seguinte.. (é un bo momento aproveitar a hora de deitalos). 



Moitos bicos e apertas a todos e todas e desfrutade moito as vacacións!!! Verémonos de novo en breve, para gozar e aprender xuntos con máis desexo e forza.

Desfrutade cos vosos fillos e fillas!!!

ÚLTIMO BOLETÍN ACTIVIDADES 4 ANOS

Ola familias
O curso está a piques de rematar, esta é a última publicación que facemos, pero de cara ao verán. Vouvos deixar unhas cantas recomendacións, suxestións ou consellos para que os vosos peques desfruten das vacacións xogando e aprendendo e para que podades desfrutar con eles axudándoos en todo aquilo que necesiten.

Este curso aínda que foi especial traballaron moito en unhas circunstancias diferentes e gracias ao voso apoio, sen o que non sería posible os obxectivos conseguidos e agora toca VACACIÓNS.



O verán é para XOGAR e DESCANSAR das tarefas escolares e recuperar forzas de cara ao curso que vén. Por iso vouvos recomendar unha serie de actividades que axuden aos vosos peques a non esquecer o aprendido pero lembrade sempre dunha forma lúdica.



-CONTOS: Lerlles contos, e deixar que sexan eles quen os "lea". Facerlle preguntas sobre os personaxes...debuxalos...etc. Inventar historietas. É moi importante lerlle un conto tódolos días. 

-LETRAS: Buscar letras en contos, xornais, revistas, carteis, etiquetas da roupa.....adiviñar que pon, como se escribe, copiar as palabras......

-NÚMEROS: Contar obxectos habituais que hai na casa ou cando imos de compras...froitas, utensilios de cociña, roupa, xoguetes....Ver números en etiquetas, números de teléfono, matriculas de coche, número da casa, número de portas, de ventás, de seillas....Escribilos.

-SUMAS E RESTAS: Facer sumas e restas sinxelas con obxectos da casa, por exemplo...Na casa hai tres mazás e miña nai comprou dúas...¿Cantas hai agora? e se meu pai come unha...¿Cantas quedan?

-PLÁSTICA: Recortar con tesoiras cousas de revistas (fotos, letras,) e facer un collage, plastilina, colorear con diferentes materiais, debuxar.....
Se temos na casa caixas de ovos, tapóns, témpera, e uns paus, podemos facer estas preciosas flores.



-XOGOS DE MESA: oca, dominó, cartas, quebracabezas, rompecabezas.....

-ATENCIÓN E MEMORIA: Adiviñas, aprender cancións, trabalinguas, veo veo...

Aquí tendes unha das moitas adiviñas que podedes encontrar:


-EXPERIMENTOS: Déixovos algún experimento para facer na casa.
Facemos area máxica para facelo necesitades: 

   -fariña

   -aceite ( girasol, oliva, bebé...)

   -colorante alimenticio

Mesturades 8 cucharadas grandes de fariña por 2/3 de aceite. Se queredes area con cor botámolle unhas gotiñas de colorante da cor que queirades ou tamén se non tendes colorante pode valer a témpera. Aquí tendes o resultado.


-COCIÑA CREATIVA: "La casita de chocolate" do conto Hansel e Gretel.
Ingredientes:

   -Pan de molde

   -Crema de cacao

   -Galletas

   -Lacasitos

   -Chocolate blanco
Mirade que chulada de casa....!!! Imos a comela enteira !!!



E aproveitamos para ler o conto onde aparece a casiña de chocolate de Hansel e Gretel.

Coma seguramente van sobrar lacasitos....Que vos parece se facemos outro experimento...??

Soamente necesitamos:

     -Un plato blanco

     -Lacasitos de diferentes cores

     -Auga

Poñemos ao redor do plato os lacasitos e cubrimos con auga hasta que cheguen aos lacasitos, esperamos 5-6 segundos e... listo!!!...a desfrutar dun precioso arco iris.

Se tendes a oportunidade de ir de vacacións ao campo ou montaña, hai que aproveitala ao máximo.Os peques están en contacto coa natureza, e poden aquí desenrolar actividades lúdicas e educativas moi interesantes.



Déixovos estas imaxes que podedes facer con elementos naturais cando vaiades ao campo.

 


-







- AUTONOMÍA: Deixade que os nenos e nenas vaian adquirindo cada vez mais autonomía como vestirse e desvestirse sós, comer, axudar nas tarefas da casa ( recoller as súas cousas, poñer a mesa...etc ).

E sobre todo "XOGAR MOITO CON ELES".



RECORDADE:



Aquí remato....quero agradecervos o voso ESFORZO, a vosa COLABORACIÓN e COMPRENSIÓN. 

Deséxovos de todo corazón que pasedes un FELIZ VERÁN.

Moitos bicos e apertas.

ATA SEMPRE FAMILIAS!!!

ÚLTIMO BOLETÍN ACTIVIDADES 5 ANOS

Bo días familias! Bo día e boa última semana de actividades!

A semana próxima, as titoras deixamos paso no blogue ás actividades da nosa querida BIBLIOTECA para o verán.

Así que, me DESPIDO de vós con moitísimos bicos e apertas. Foi un curso chulísimo ata onde o puidemos vivir... Vouvos mandar un enlace a un álbum compartido en DRIVE para que poidades ter as fotos de TOOODO (máis ou menos) o que fixemos, por email.

Moitas grazas a todas as mamás e papás que estiveron pendentes de seguir en comunicación comigo e co cole, enviando traballos, solicitando recursos e poñendo mil ideas en práctica polo ben dos nosos queridos peques. Noraboa, resistentes!!!

Unha vez máis, darvos a turra con que NON DEIXEDES NUNCA DE LER E DE FACER CÁLCULOS MENTAIS SINXELOS. Por favor, por favor!!! Iso é clave 😉

Polo demáis, estas posibilidades pódenvos abrir algunha nova ruta... Espero que vos gusten tanto coma min! Apertas outra vez!










Feliz verán, tan merecido!!!




luns, 1 de xuño de 2020

10º BOLETÍN ACTIVIDADES DE 3 ANOS

Ola familias!!!
Que tal todo? Como o estades levando? espero que todo vaia ben e que disfrutásedes do bo tempo que tivemos e da volta á normalidade que pouco a pouco imos conseguindo. Tal e  como nos dí Arnaldo, cada día que pasa é un mais pero tamén un menos para volver a estar xuntos así que moita forza e non esquezades ser responsables!!!
Esta semana imos traballar con flores e elementos naturais.
- ACTIVIDADE 1: Mandalas feitas con elementos naturais: cunchas, flores, pedras, follas...




babytribu.com

- ACTIVIDADE 2 : Traballamos as grafías.
  • Facemos a grafía dos números e a asociamos á cantidade. Coas flores e follas que recollemos (tamén o podemos facer con pedras) facemos a grafía dos números e poñemos ao lado a cantidade (número 3 tres flores por exempo)

 Imaxes sacadas de @educant_amb_el_cor
  •  Grafomotricidade con elementos naturais.
@aprenderconellos

  • Grafismo creativo:


- ACTIVIDADE 3: Clasificamos
  •  Clasificamos flores pola sua cor

  • Clasificamos  as partes das flores: collemos tres recipientes e clasificamos en talos, follas e pétalos
munchkinsandmoms.com
- ACTIVIDADE 4 : Facemos ramos de flores

cra vilaboa
- ACTIVIDADE 5: Xogamos con adiviñas relacionadas coa primavera. A ver cantas adiviñades?

- ACTIVIDADE 6: Experimento "Tinguimos flores"

Información sacada de guiainfantil,com
Este é un experimento no que soamante precisamos auga e colorante alimenticio.
Seguindo estes sinxelos 4 pasos podemos levar a cabo a nosa actividade. Imos velos. 
1. Enchemos os tarros ou vasos con auga. Non hai que encher moito; dous ou tres dedos é suficiente. 
2. Engadimos tantas gotas de colorante alimentario como sexa necesario. Canto máis use, máis cor tomará a auga. 
3. Usando un coitelo, cortamos as flores en diagonal sobre o talo. Co mesmo coitelo ou un rascador, intenta rasgar un pouco o talo para que a auga penetre mellor na flor. Como podedes imaxinar, este é un paso que debe facer un adulto para evitar contratempos. 
4. Poñemos as flores dentro de cada bote ou vaso con auga e déixelas repousar dous ou tres días nun lugar seco e con pouca luz solar. Deste xeito, facilitaremos a fotosíntese e a absorción de auga. 
Repetimos estes catro pasos usando diferentes cores para obter un ramo de flores do arco da vella.
Aquí rematamos por hoxe ... Espero que pasedes unha boa semana, que disfrutedes das saídas e paseos e vémonos nuns días !!! Moito ánimo!!!



10º BOLETIN ACTIVIDADES 4 ANOS

Ola familias:

¿Como estades? Espero que estedes desfrutando deste tempo precioso cos vosos fillos tanto na praia como no campo, pero sempre tomando as medidas necesarias... e pensade, que xa falta pouquiño para as vacacións.

Imos comenzar as actividades desta semana cun conto tamén de educación en valores. Educar os nosos fillos para que aprendan a dar valor a algunhas conductas e comportamentos, axúdalles a convivir da mellor forma e a sentirse ben no ambiente que lles rodea. Os valores son regras de conducta según as cales nos comportamos. É moi importante a responsibilidade que teñen os pais na transmisión de valores aos seus fillos e fillas. Necesitamos recuperar o hábito de contar contos tódolos días antes de dormir, tamén e verdade que estamos vivindo tempos moi axetreados e parece que nunca temos tempo para nada....pero na medida do posible trataremos de facelo, aínda que só sexa quince minutos.Vouvos propoñer unha páxina onde podedes encontrar todo o necesario para educar en valores utilizando contos moi curtos.


O conto que vos propoño é "El árbol mágico"que trata sobre os bos modais.

Antes de comenzar coas actividades imos recordar un vídeo de "Las palabras mágicas" que poñíamos na aula.                                             
Acordádesvos das palabras mágicas que dicíamos no cole....??? Escoitade o vídeo e xa veredes....

ACTIVIDADES
- Grafomotricidade creativa
Aquí tendes algúns exemplos de grafomotricidade creativa:




Soamente se necesita, papel craft, folios grandes ou normales e rotuladores de cores.

Agora imos facer unhas fichas en folio.

Repasar os pelos destes nenos e nenas con rotuladores de cores.

Acordarvos de coller ven o lápiz  e sin sair dos puntiños.
- Lecto-escritura
Agora que xa estamos no final de curso imos ver algo das vogais minúsculas.
- Lóxica-matemática
Aquí tendes varias ideas para facer sumas dunha maneira manipulativa e xogando.
                                                                             


Tendes un dominó na casa?....se é asi perfecto.....¡¡Imos a sumar!! Xa veredes que divertido é......




Agora imos facer unhas fichas de sumas moi sinxelas.




Números anterior e posterior





Aos nenos e nenas cóstalle moito entender o número que está antes e despóis. Podedes facelo primeiro coma a image da arriba con cartóns e tapóns ou doutra maneira que se vos ocorra.




-Plástica
¿Imaxinádesvos poder pintar con témpera sin mancharse? Se premedes na imaxe de abaixo tendes unha idea perfecta....

Se temos témpera e periódicos na casa podemos facer estas flores tan orixinais. A témpera ten que estar diluida en auga para que se vexan as letras do períodico.
Bueno familias xa remato aqui, xa sabedes que destas actividades podedes escoller as que queirades....e non vos agobiedes se non podedes facelas.....agora con este tempo e ao final de curso e mais complicado que os nenos e as nenas traballen... Moito ánimo e apertas!!!!!

10º BOLETÍN ACTIVIDADES 5 ANOS

Bos días, familias!

Xa nos vemos pronto, este xoves 4 de Xuño, para entregarvos o material e as pertenzas dos nenos.

Polo demáis, dado que todos me estades dicindo máis ou menos o mesmo (a saber: que con este calor, que coa praia, que parece verán... que aso rapaces lles está costando moito xa poñerse a facer nada...), para esta semana e para a próxima, simplemente quero compartirvos recomendacións e propostas para o verán:

1. O máis importante son as ATITUDES e os VALORES que inculcades nas vosas fillas e fillos. Non decaiades. SON A TERRA FÉRTIL NA QUE CRECE UN BO ESTUDIANTE. E iso se cultiva a través de TODAS AS ACTIVIDADES DIARIAS E COTIÁNS.
En síntese, as claves de TODA BOA educación son:

  •  NORMAS: nin moitas nin poucas, pero CLARAS E ESTABLES, con CONSECUENCIAS CLARAS e PREVISIBLES para o neno/a, que sexan sempre as MESMAS. 
  • Moitas demostracións de AFECTO e COMUNICACIÓN. 
  • ALTOS NIVEIS DE ESIXENCIA, con reforzos POSITIVOS. Pensade que os peques necesitan aprender a ESFORZARSE, para dar O MELLOR DE SÍ. Sen LÍMITES un río non chega LONXE e se convirte en PANTANO.
2. LER, LER, LER, LER, LER, LER, LER, LER, e se da tempo, LER UN POUCO MÁIS.
Lembrade: SE QUEREDES QUE LEAN, TEDES QUE DAR EXEMPLO. 
Os nenos aprenden co VOSO EXEMPLO, NON COA VOSA OPINIÓN. 
É preciso que VOS VEXAN LER e que lles LEADES tipos diferentes de contos e historias, REVISTAS, CARTELES, LETREIROS, BOTES, que xoguedes ás ADIVIÑAS, ás RETAHÍLAS, aos REFRÁNS COS AVÓS, que xoguedes a xogos de palabras (COMO PALABRAS ENCADENADAS) cando vaiades no coche... 
E sí, que miren contos eles solos e que vaian facendo exercicios de letras e sílabas (coma nos vídeos do MONO SÍLABO), pero isto último non é nin de lonxe máis importante que todo o anterior. ESES XOGOS LINGÜÍSTICOS SON A CLAVE DUN BO FONDO PARA A LECTURA E A ESCRITURA. E os podedes facer en calquer lugar e momento. 

3. O mesmo acontece cos NÚMEROS. ESTÁN POR TODAS PARTES. NÚMEROS GRANDES E PEQUENOS. E as oportunidades de SUMAR e RESTAR, de CONTAR DE DOUS EN DOUS, de CONTAR PARA ATRÁS, de REPARTIR COUSAS... son constantes. E insisto: esta é a BASE PERFECTA para que logo o poidan facer no papel. Aquí está a verdadeira COMPRENSIÓN. Facede isto con eles ao POÑER A MESA, ao CONTAR MOEDAS E CANTIDADES, ao PESAR FARIÑA OU CULLERADAS DE AZUCRE, ao avanzar cara atrás contando tamén para ATRÁS (DENDE 5 OU 10 AO PRINCIPIO)... e lles estredes facilitando a vida moitísimo para o traballo que van a facer a posteriori no papel. 

4. E, finalmente, lembrade que a infancia precisa dalgunhas cousas que non se van poder facer despóis e que pasa rápido... e é irrepetible.
Bicos e apertas mil. Ana