luns, 1 de abril de 2024

A CLASE DE 4 ANOS DESPIDE O 2º TRIMESTRE

Comezamos marzo con moitas ganas de seguir aprendendo e desfrutando no cole. Deixámosvos unha pequena mostra das construcións tan chulas que facemos para que vexades que desbordamos creatividade! Seguimos achegándonos ás letras, aos números e a moitos outros conceptos de forma manipulativa, vivencial e sobre todo lúdica, porque xogando é como máis aprendemos! Rematamos esta semana co día da muller, falando das mulleres máis importantes das nosas vidas.
 

Na semana do 11 ao 15 de marzo fixemos unha actividade moi chula coa profe Nerea. Contounos un conto dun ourizo e propúxonos facer uns, así que nos puxemos mans á obra! Os ourizos foron unha boa motivación para escribir e preparalos para levar a casa. Seguimos descubrindo xogos de mesa cos que, ademais de pasalo xenial, aprendemos moitos conceptos e poñemos en práctica moitas habilidades. Por suposto aproveitamos os días soleados para merendar de pícnic!


A última semana do mes foi do máis completa, e agora temos con nós á profe Ines, coa que seguro que tamén xogamos e aprendemos un montón. Despedimos o inverno facendo neve e recibimos a primavera cunha andaina con todo o cole, na que a tropa de 5º nos acompañou facéndonos máis sinxelo o camiño. Xogamos ao bingo da primavera que nos encanta e démoslle unha ducha especial a Pepita e Juanita para deixalas ben fresquiñas toda a semana santa. Despedimos o trimestre buscando ovos de Pascua e compartindo rosca: días aproveitados ao máximo!!
 

Este mes celebramos que Andrea xa ten 5 anos: encántanos compartir os días especiais! Parabéns Andrea!