sábado, 30 de novembro de 2019

O MAGOSTO NA CLASE DE 4 ANOS

       O día 15 do mes de novembro, coma tódolos anos celebramos   "O magosto".... para comer as castañas decoramos unhas bolsiñas que quedaron moi chulas...e coma facía mal tempo non tivemos os xogos populares...o caso é que pasámolo igual de ben... ¡¡¡MOI REQUETEBÉN !!! 




martes, 26 de novembro de 2019

FELICIDADES!!!!

   Esta semana tivemos de aniversario a tres compañeiros/as: Salma, Unai e Antón, que cumpriron tres anos. Moitos parabéns!!!





MOITOS PARABÉNS!!!

SEGUIMOS TRABALLANDO...

    Na aula de tres anos continuamos aprendendo moitas cousas e esta semana as familias mandaron froitos típicos desta estación do ano que na clase clasificamos en secos e carnosos.




sábado, 23 de novembro de 2019

A MOCHILA VIAXEIRA

   A mochila viaxeira xa está en marcha, despóis dun longo descanso. Arnaldo, a mascota da "biblio" , dexounos outro ano máis a mochila chea de contos, pero diferentes aos do curso pasado. Carmen foi a primeira compañeira en levar a mochila... estaba entusiasmada explicando os contos aos seus compis e todo o que fixo no caderno... os contos que máis lle gustaron foron... A VACA VICTORIA e PIÑEIRO PIÑEIRO. Tamén estivemos vendo o que fixeron os nenos e nenas do curso pasado de catro anos... e a verdade que fixeron maravillas...
                  ¡¡¡MIRADE QUE ATENTOS ESTÁN TODOS!!! 








xoves, 21 de novembro de 2019

MERENDAS EN TRES ANOS

    Outra actividade que estabemos facendo ao comezo do curso foi a elaboración dos manteles que xa usamos para merendar. Mirade que xenial nos quedaron!




mércores, 20 de novembro de 2019

FELIZ ANIVERSARIO AINARA

   A principios deste mes tivemos o cumpleanos de Ainara que xa cumpriu tres anos. Parabéns Ainara e moitas grazas polos doces ...

 

martes, 19 de novembro de 2019

SAMAIN EN 3 ANOS

    Aquí poño unha foto para que vexades o guapos e guapas que estabamos o día de Samaín
  Moitas grazas polas merendas terroríficas...
Estaban boísimaaaaasssss!!!!

luns, 18 de novembro de 2019

O SAMAÍN NA CLASE DE 4 ANOS

     Coma tódolos anos, celebramos no cole "O Samaín". Na clase decoramos a porta da nosa aula, cun monstro que daba MOITO MEDO... e fixemos unhas arañas coas mans manchadas de tèmpera negra....parecían de verdade. Na casa axudados polas nosas familias, decoramos cabazas, e fixemos unhas merendas terroríficas, para compartir con nosos compañeiros...¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN !! 








      
     

luns, 4 de novembro de 2019

A FAMOSA PIZZA!!!


DOUS EVENTOS

Disfrutamos moito destes dous eventos que fixemos no cole:
O venres polo clima e a Inauguración da nosa Biblio, que ademáis supuxo reiniciar as idas e voltas da mochila viaxeira, que tanto lles gusta levar.
Esperamos que os contidos sexan do voso agrado!

Tamén celebramos a semana pasada o Día das bibliotecas. Grazas unha vez máis por apoialos no de traer o conto máis favorito! Disfrutámolos moitísimo e aínda seguimos a traballar con eles!


O PROXECTO DAS ESPECIAS!!!


Qué ben arrecende a  clase dende que fixemos este pequeno proxecto!!!

Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa inestimable colaboración!!!

Aquí traballamos, entre outras moitas cousas:
  • A atención e a memoria, recordando dende traer a nosa especie ata palabras novas e difíciles como "cúrcuma"
  • A darlle importancia ó sentido do olfacto, para o cal nos fai falla liberar o nariz de mocos...
  • A asociar nomes con olores
  • A compartir : )