Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2018/19: O patio que soñamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2018/19: O patio que soñamos. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xullo de 2019

A RECOLLEITA

    Agora xa empezamos a recoller o que sembramos.... a recolleita foi bastante boa...... chícharos, cenorias, leitugas, patacas,  repolos e algunha fresa... 
   Cando cheguemos en setembro a ver se levamos agunha sorpresa... pode ser que xa medraran os tomates, pementos de padrón, berenxenas, cabazas, e tamen o millo... A VER SE HAI SORTE....!!!







xoves, 11 de xullo de 2019

TEMOS PROFE NOVA

          Agora como a profe Mari Carmen está maliña, temos outra profe, chámase María, é moi boa e con ela seguimos coidando a horta. Fixo un vídeo con todo o que habíamos aprendido sobre o coidado das hortalizas, que foi o que presentamos na "festa do saber"... "A horta de infantil"




luns, 1 de xullo de 2019

UNHA MERENDA ESPECIAL

      Un día de primavera, a profe levounos  ao patio dos maiores e así poder merendar na mesa nova posta no "Patio dos nosos soños"....PASÁMOLO MOI BEN....!!! pero cando íbamos para clase, a profe tropezou e caíu... "MENUDO SUSTO LEVAMOS"... "ESTÁBAMOS TODOS MOI PREOCUPADOS"..!! 



xoves, 27 de xuño de 2019

LEVAMOS PLANTAS PARA CASA

       Dos sementeiros que fixemos, só sairon os "tomates cherry" que levamos para casa, pero, para que sigan crecendo  temos que coidalos moi ben....todo o que nos dixo a nosa profe... agora temos que facelo nós na casa:  TERRA, AGUA, AIRE, SOL...e moito cariño...!!!





xoves, 6 de xuño de 2019

CÓMO DESFRUTAMOS O PATIO!

Desfrutando do noso patio e ás súas novidades. Temos unha nova mesa para merendar que xa probamos, claro,



Ademáis temos uns columpios novos que desfrutamos un montón.



Trouxeron unhas rodas que dan para crear moitos xogos, subir, baixar, esconderse, rodar ,facer circuitos...




E a profe Bea agasallounos cunhas tizas coas que fixemos unha obra de arte.



E non pode faltar falar do máis divertido de todo: o patio a area

martes, 14 de maio de 2019

SEMENTEIROS E HORTA DESPOIS DAS VACACIÓNS

     Despóis das vacacións, cando chegamos ó cole, levamos unha gran sorpresa: os sementeiros e as hortalizas estaban enormes... as cebolas, repolos, chícharos e patacas....¡¡¡ MOITO CRECERON !!!

 Agora os sementeiros hai que transplantalos, e temos que seguir coidando as nosas hortalizas: removendo a terra, e regando.... estas son as tarefas que temos que facer todos os dias......





sábado, 11 de maio de 2019

COIDAR A HORTA....

Estés nenos están a traballar un montón na horta, regar, sacar malas herbas...


Pero tamén temos a ilusión de recoller o seu froito. Xa sexan fresas ou rábanos

mércores, 1 de maio de 2019

luns, 29 de abril de 2019

SEGUIMOS PRANTANDO

Hoxe tocou prantar leitugas, que ilusión ter que coidalas e logo papalas 😋


PROXECTO "A HORTA" (VII)

    Aquí continuamos co noso proxecto e outras das tarefas diarias que facemos (senón chove) é a de regar (imprescindible para que as plantas podan vivir e crecer).
    ¿Qué precisan as plantas para vivir? 

sábado, 27 de abril de 2019

A PRIMEIRA COLLEITA

Tantos días sen poder ir ver a Horta e por fin ó venres SOL, saímos  e que sorpresa, onde prantamos as patacas xa temos prantas os chícharos van crecendo, e sobre tldo XA TEMOS dous RÁBANOS crecidiños, así que os sacamos e dous afortunadas levaronas para casa, xa iremos recollendo a colleita

venres, 26 de abril de 2019

A NOSA HORTA

A Horta é algo polo que os nenos preocupanse todos os días, ven se están creciendo as sementes, se teñen que sacar malas herbas... E así e como a ven, fixeron Unha fermosas interpretación con temperas.



mércores, 24 de abril de 2019

VOLTA Ó COLE

No 3° trimestre voltamos ao cole nun día moi especial: o día do libro, e limos un libro que nos encantou: "ÑAC-ÑAC O MONSTRUO COME LIBROS"



Aínda que non pudimos ir á horta trouxémola a clase....


Xudías....non!! Son chícharos... pero... onde están?? Pois mans a obra para abrir os chícharos.




Xa estamos preparados para axudar na casa!

martes, 23 de abril de 2019

PLANTAMOS NA HORTA

       Despois da preparación dos sementeiros, tócanos plantar na horta, pero sólo algunhas hortalizas, como cebolas, repolos, chícharos, e patacas.... as demáis,  todavía están nos sementeiros esperando que chegue o momento do seu transplante....Bueno despois das vacacións, veremos como está a horta... esperemos que haian medrado, e que os paxaros non se fartaran moito de comer...aunque temos un remedio  contra eles ...."O ESPANTALLO QUE FIXO O PROFE JORGE" ....Os profes do cole asústanse con él... esperemos que os paxaros tamén.