Amosando publicacións coa etiqueta videos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta videos. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de xullo de 2017

DEBERES DE VERÁN PARA TODA A FAMILIA

Fai mais ou menos un mes tivemos unha reunión coas familias dos nenos e nenas que o próximo curso pasarán a formar parte a tropa do cole de Seixo. Entre as moooitas cousas que falamos, repartimos unha lista de "deberes" para toda a familia, que é aplicable ás familias de todo o alumnado. Inda nos queda un mes de verán para poñelos en práctica ;)
  

Na reunión tamén puidemos ver un resumo de 4 minutos deste fantástico vídeo sobre o xogo que recomendamos a todas as familias, a todos os profes... a todo o mundo!!! Merece a pena velo, e se vos animades, encantaríanos saber a vosa opinión! 

mércores, 18 de xaneiro de 2017

OS PEQUE ANIMAIS

Xa fai tempo que gravamos este vídeo, foi a principio de curso cando, os nenos e nenas da clase de 3 anos, se estaban coñecendo e soltándose a falar. Buscamos diferentes formas de motivalos a expresarse e esta resultou moi divertida e motivadora. 
Estes días lembráronse destas gravacións e decidimos compartilas... a verdade é que non teñen desperdicio!

sábado, 10 de decembro de 2016

O OUTONO NA CLASE DE 5 ANOS

Os peques do cole son auténticos nativos dixitais e manéxanse de marabilla cos iPads. Ademais son moi creativos e imaxinativos: a mezcla é fabulosa.


Na clase de 5 anos eliximos 7 elementos de outono, un para cada parella. Despois pensamos que poderían dicir cada un deles, e as parellas pensamos o guión das nosas escenas. Coa axuda da profe pasámolo ao galego.


Buscamos fotos en internet e descargámolas. 



E despois de algunhas prácticas fixemos unha pequena animación de cada un dos elementos do outono. 



Queredes ver que chulas e divertidas nos quedaron?