Amosando publicacións coa etiqueta proxecto bebés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto bebés. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de xullo de 2022

Baby boom na clase de 4 anos!

 Unha das coincidencias máis bonitas das que puidemos desfrutar este ano foron os embarazos de moitas mamás da nosa clase!! Que alegría levabamos cando chegaba unha nova deste tipo a aula!! Anotábamos no almanaque cando saían as mamás de contas, esperabamos con emoción as ecografías do descubrimento do sexo do feto, falábamos dos nomes que lles gustaría poñerlle aos seus irmáns pequenos... e que na clase de 4 anos somos todos uns expertos neste tema!!

Así decidimos invitar a todas elas a aula para facerlle preguntas sobre o seu embarazo e poder ver en directo as súas barriguiñas...

A primeira en visitarnos foi Almudena, alá polo mes de decembro, 10 días despois Irene converteuse en irmá maior de Cibrán.




A seguinte en visitarnos foi Delia, a mamá de Sara, que traía no seu ventre a pequena María, como nos gusta tocar as barriguiñas...


Sara preséntanos así de contenta a súa irmá pequena:


Recibimos tamén a Bea, a nai de Izan, que nos viña a contar que traía unha irmá para Izan, Zoe!!

 

 

 



Así de guapos están hoxe:

Recibimos tamén a Yasmina, a mamá de Laia, aínda non tiñan decidido como ían a chamarlle ao pequeno da familia:



Co paso do tempo, así nos presentaron a Luca:

Visitounos tamén Olga, a mamá de Shayla, que nos contou que ía ter una meniña, que se ía chamar Mía:




Mirade que contenta está Shayli coa súa irmá pequena, un xoguete!!


Todas estas mamás xa deron a luz, pero... aínda nos quedan irmás por coñecer para o curso que vén... a irmá de Mateo e Noel e a irmá de Uxía!!


Por suposto que xa estades convidados a vir pola aula a presentarnos as vosas pequechas que esperamos coñecer con moita ilusión!!

Grazas pola vosa colaboración sempre familias!!!



venres, 30 de xullo de 2021

Mes de xuño e vacacións!!

OLA FAMILIAS!!

Aquí vos deixo as tan esperadas fotos do último mes do curso, como podedes ver non deixamos de traballar, xogar e gozar!!

 A través dos xogos de mesa...

 

Coas propiedades da luz...


 

Proxecto dos bebés... embarazo  e crecemento...





Aproveitando a titoría entre iguais...



Traballamos a lóxica-matemática vivenciando e manipulando: 






 

E sobre todo desfrutando co xogo libre:

  

 

No exterior aproveitamos para:

Merendar nas mesas de picnic novas!!

Observar e comentar que fan os maiores...

Facerlle peinados á profe...

Amar á natureza...





 

Como premio por ser uns campións e campionas durante todo o curso, non podía ser menos... de excursión a praia!!! pasámolo en grande!!!

 







Chegamos ao cole derrotados!!


 Celebramos os aniversarios de xuño e máis os de verán... parabéns amiguiños!!!







E por suposto despedimos a dúas grandes mestras que nos acompañaron durante o curso e que levamos no corazón, moitas grazas Sandra e Almudena!!!


Agora estamos de vacacións... pero pronto voltaremos... votámosmos moito de menos pequerrech@s!!