Amosando publicacións coa etiqueta galiña azul. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta galiña azul. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de marzo de 2020

CONVIVENCIA COA GALIÑA AZUL

   Este luns tivemos a convivencia, que facemos todos os cursos por esta data, cos nenos e nenas maiores da  galiña azul. 
   Esta vez o  profe Tano de  música ensinounos un  super divertido conto musicado de animais e posteriormente fixemos un obradoiro de pintura de máscaras de crocodilos (esta parte gustounos moito...).




   Para rematar baixamos ao ximnasio onde compartimos  unha  riquísima  merendola e saímos ao patio para xogar.




   Estamos encantados de que veñades a coñecer o noso cole e compartir experiencias convosco!!!

venres, 19 de outubro de 2018

FESTA DA VENDIMIA

       O mércores día 10, a escola infantil "Galiña Azul" invitounos a celebrar con eles a "Festa da vendimia". As profes fixeron unha viña moi especial con follas e uvas que todos trouxemos da casa. Primeiro os maiores da gardería, e os máis peques do cole vendimiamos, e as uvas botámolas nunhas barricas, e despois descalzos pisámolas .. Saíu un zume que estaba "RIQUÍSIMO......"

















venres, 2 de marzo de 2018

CONVIVENCIA COA GALIÑA AZUL

Comezamos esta semana cunha visita moi especial: a dos nosos veciños! Si, si, os nenos e nenas da Galiña Azul estiveron no noso cole, que xa nos apetecía moito vernos máis de cerca e poder xogar xuntos. 


Por suposto tiñamos todo preparado para ser uns excelentes anfitrións! Os da clase de 3 anos e Arnaldo recibiron aos pequerrechos, cos que fixeron unha actividade musical. Grazas a nosa profe de música, Luz, todos estes peques de 2 e 3 anos se convertiron nunha gran orquestra. Mirade neste vídeo que ben o fixeron!!



Despois baixaron ata a clase de 4 anos onde fixeron un sinxelo obradoiro plástico.



Coa gran axuda dos nenos e nenas da clase de 4, cada un fixo un títere de Arnaldo para non olvidar a mascota de Seixo que tanto queremos.



Traballaron moi concentrados e axudándose uns aos outros: daba gusto velos!!



Despois foron a xunto dos nenos e nenas da clase de 5 anos que os agardaban cun montón de contos.



En parellas ou pequenos grupos, estiveron no patio lendo.



Foi un momento moi especial compartindo e coñecéndose rodeados de contos!



E por suposto non podía faltar unha rica merenda que compartimos no patio. Seguro que quedastes con ganas de ver máis fotos, verdade? Pois aquí vos deixamos un resumo de todo o que fixeron.



O remate final foi un tempo de xogo libre no patio, os da Galiña estaban desexando xogar no noso marabilloso patio que sempre ven dende o outro lado da ventá e pasámolo pipa: unha maña estupenda!



Volvede pronto a visitarnos!!!