mércores, 4 de marzo de 2020

CONVIVENCIA COA GALIÑA AZUL

   Este luns tivemos a convivencia, que facemos todos os cursos por esta data, cos nenos e nenas maiores da  galiña azul. 
   Esta vez o  profe Tano de  música ensinounos un  super divertido conto musicado de animais e posteriormente fixemos un obradoiro de pintura de máscaras de crocodilos (esta parte gustounos moito...).




   Para rematar baixamos ao ximnasio onde compartimos  unha  riquísima  merendola e saímos ao patio para xogar.




   Estamos encantados de que veñades a coñecer o noso cole e compartir experiencias convosco!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario