Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de novembro de 2022

OUTUBRO DA PARA MOITO!

Recibimos o outono por todo o alto e con moitas ganas de aproveitar o tempo no cole.
A semana do 17 ao 21 de outubro estivo chea de contos: contos pola igualdade, empezamos con contos terroríficos coa profe Jeni... e inauguramos a biblio con Anxo Moure e noso primeiro contacontos no cole.
Ademais, as mochilas viaxeiras están en marcha: pasarémolo pipa con elas!! 

domingo, 13 de decembro de 2020

MOCHILA VIAXEIRA EN 4 ANOS

Este mes, na clase de 4 anos, comenzamos co préstamo de libros semanal e coa mochila viaxeira. Arnaldo convidounos á súa casa e alí a  teacher Fátima ensinounos  todo o que imos levar nela para casa e fixo entrega da mesma a  Mia. Esperamos que disfrutedes con ela!!!


Moitas grazas Arnaldo e Fátima, seguro que ides gozar con todo o que nela levades!!!

mércores, 2 de decembro de 2020

OBRADOIROS NA CASA DE ARNALDO

Ola familias! Queríamos contarvos que, algúns días, imos á biblioteca a visitar a Arnaldo e alí xogamos coa Beebot, coas construcións de Lego, e cos xogos de mesa. Mentres xogamos aprendemos unha morea de cousas... e o máis importante é que gozamos como nen@s que somos!

Deixámosvos unhas fotiños para que vexades o que facemos. 





mércores, 4 de marzo de 2020

CONVIVENCIA COA GALIÑA AZUL

   Este luns tivemos a convivencia, que facemos todos os cursos por esta data, cos nenos e nenas maiores da  galiña azul. 
   Esta vez o  profe Tano de  música ensinounos un  super divertido conto musicado de animais e posteriormente fixemos un obradoiro de pintura de máscaras de crocodilos (esta parte gustounos moito...).




   Para rematar baixamos ao ximnasio onde compartimos  unha  riquísima  merendola e saímos ao patio para xogar.




   Estamos encantados de que veñades a coñecer o noso cole e compartir experiencias convosco!!!

venres, 3 de xaneiro de 2020

OS DE 5 ANOS TAMEN CONTAN....

        Algúns nenos e nenas de 5 anos viñeron a nosa aula a contarnos contos....Estabamos todos moi atentos e caladiños....a verdade fixéronno moi ben.. Esperamos que veñades outra vez....!!! ¡¡¡GRAZAS POLA VOSA VISITA..!!! 





CONTOS NA AULA

       Ler contos na aula e xenial,  aqui aprendemos como hai que tratar os contos, como compartilos, como poñelos sempre no mesmo sitio, e como mimalos, coma se fose o noso  compañeiro.... e sobre todo... moito pero.... que moito    " SILENCIO"... 






martes, 3 de decembro de 2019

COÑECEMOS A BEEBOT

    Estos días estimos na casa de Arnaldo e alí coñecemos a unha nova compañeira "Beebot" coa que estivemos xogando e aprendendo de maneira divertida!!!






mércores, 16 de outubro de 2019

COÑECEMOS A ARNALDO

   Un dos obxectivos do período de adaptación é coñecer as diferentes dependencias do cole e por iso hoxe fomos a visitar a biblioteca e a coñecer ao noso novo amigo Arnaldo.





 



 Aproveitamos para ler o conto de "Cocorico" e escoitamos a canción.


xoves, 16 de maio de 2019

LEMOS COS PEQUENOS

    A semana pasado volvemos ter unha actividade conxunta cos  peques da escola infantil de Seixo con motivo da  celebracion do día do libro. As  profes da escola infantil contáronnos uns  divertidísimos contos e posteriormente compartimos unha  riquísima merenda e xogos no patio.













GRAZAS PROFES POR COMPARTIR CON NOS ESTA ACTIVIDADE!!!