xoves, 29 de abril de 2021

domingo, 25 de abril de 2021

Semana do libro... e dos bechos!!

 Ola familias!!

Esta semana pasámolo moi ben... botade unha ollada:

Comezamos a semana traballando un pouco de matemáticas: Seriacións e  formas xeométricas.

 

 

Un pouco de arte: empregamos biberóns de cociña para continuar chorreando pintura como Jackson Pollock, desta vez, sobre fondo negro e de xeito cooperativo.

 



 

 Aproveitamos a semana do libro para sacar os contos fóra e lelos ao aire libre:



Primavera + Natureza igual a BECHOS: descubremos que debaixo dos troncos hai moita vida!!

 




E aproveitamos toda esta investigación para facer unha asamblea fóra e falar de animais, dos sons da natureza, e como non... de comida!! somos moi lambóns!!


Seguimos investigando sobre os bebés, esta semana observamos como é a vida do FETO (así se chaman os bebés mentres están na barriga da mamá) no útero, aprendemos palabras moi difíciles, pero que entendemos moi ben para que serven:


E por último, celebramos o día do libro facendo un marcapáxinas da nosa benquerida Rosalía e ademáis visitamos a Arnaldo que nos tiña preparada unha sorpresiña... Un minilibro para cada un de nós!! Moitas grazas Arnaldo!!

sábado, 24 de abril de 2021

EXPLORANDO EN SEIXO

 Bo día familias!!

Terribles crimes se cometeron dende fai tempo contra o bicherío do cole... dende persecucións, ata secuestros hostís! (das torturas non imos a falar xa que son algo do que nos queremos esquecer...) Pero todo isto cambiou... pois era froito do descoñecemento do “mundo bichil”, agora, as nenas e os nenos de 5 anos estámonos a converter en exploradores expertos sobre os bechos, e temos probas que o acreditan, velaquí o noso carnet:

    Estamos investigando arreo para aprender moitas cousiñas sobre os insectos e demais bechos que nos rodean. Contámosvos: descubrimos moita información sobre as xoaniñas, como os seus diferentes nomes en galego, como é o ciclo da súa vida, e que as súas alas se chaman élitros.

    Tamén soubemos que un bo explorador/a precisa material para realizar ao xeito a súa labor, así que na aula temos lupas, tarros, pinzas... para facer ben as nosas investigacións. Aquí nos tendes mans a obra:

Non fai falla dicir que o pasamos pipa observando! 
E tivemos moita sorte, porque nos trouxeron un marabilloso hotel de bichos ao que vamos a mirar cada vez que saímos ao patio non vaia a ser que teñamos hóspedes e non o saibamos...

   
 É moi díficil non querer levar algún bechiño para a casa, pero tranquilidade! de momento non vai a ser o caso, os bechos do cole quedan no cole. Contentámonos con coidalos aquí e facer recreacións na aula, temos moita imaxinación.


    Nestres intres estamos adentrándonos no complexo mundo das abellas, e, para elo, a mestra montounos un recanto con imaxes e información ao que podemos ir a xogar e preguntar dúbidas e curiosidades:




Así mesmo, comezamos a ver un conto moi interesante no que se explican moitas cuestións. E agora sabemos que as abellas non son tan malas como parecen, e que a veces as confundimos coa avespa velutina, esa sí que non nos gusta. De feito, a finais do segundo trimestre elaboramos unha trampa para capturalas e evitar molestias no patio e nos arredores. Estamos feitos e feitas uns manitas!!


E falando de manitas e de patio... a que non adiviñades que fixemos cos pneumáticos de cores que temos? Unha pista: ten moito que ver coa primavera...

Si si, o que vedes, sementamos flores!! Que isto de cultivar gustounos moito e como o de facelo no horto nos soubo a pouco, decidimos darlle un pouco máis de color a contorna coas flores e todas as aulas saímos a plantar.

    Como vedes, calquera excusa é pouca para poñernos mans a obra e crear, e como onte celebramos o Día do Libro non íamos a ir coas mans baleiras! Como puidechedes comprobar, fixemos un marcapáxinas e ademais recibimos un agasallo que nos fixo moita ilusión.


    Pero isto non é todo señoras e señores, que as nosas clases dan para moito máis, e polo medio aproveitamos para seguir aprendendo outras tantas cousas!! 

    Coñecimos a Jackson Pollock, bueno, coñecelo... dende a rede, non vamos a mentir tampouco! E vimos que este artista tiña unha forma un tanto peculiar de elaborar as súas obras, pintando mediante diferentes técnicas como a do goteo e empregando canicas para esparcir pintura, e claro está, houbo que probar.

E seguimos avanzando paseniñamente na lectura de palabras e na escritura, esta agora en minúsculas!! Para axudarnos, a profe fíxonos unhas regletas moi prácticas e así temos a man todas as letras tanto en maiúscula como en minúscula. Estamos moi orgullosos e orgullosas dos nosos progresos.

    Proximamente... máis novidades e os aniversarios deste mes, non o perdades!!

venres, 23 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 Ola familias! 

Hoxe celebramos o día do libro por todo o alto. Fixemos uns marcapáxinas e tivemos un agasallo moi chulo como podedes ver.

Non vos esquezades que ler é soñar cos ollos abertos...

E nesta data tamén celebramos o cumpre do noso querido Nicolás.

Ademáis estes días non paramos! aproveitamos os neumáticos do noso patio para plantar flores e enchelos de cores.



Tamén coñecemos un artista que nos gustou moito: Jackson Pollock. E fixemos unhas obras que non lle envidian nada ó orixinal usando canicas e a técnica por goteo.


Outra cousa da que disfrutamos moito é do novo rincón das matemáticas! Todos queremos estar nel. Da gusto con estes nenos tan traballadores...

Día a día disfrutamos do cole...


e aprendemos un montón.

Ata a próxima!

domingo, 18 de abril de 2021

Moito traballamos!!

 Ola familias! Comezamos o terceiro trimestre coas pilas súper cargadas e con moitas ganas de aprender e facer cousas novas. Queredes ver todo o que traballamos estes días?? Pois ahí vai!

Traballamos na horta transplantando o gromo das cabazas:





 Preparamos os neumáticos que dividen as zonas do patio para transformalos en xardineiras de flores:

 



Traballamos a xeometría manipulando formas e construíndo con elas:


 

 Seguimos traballando o proxecto dos bebés, esta semana investigamos sobre o proceso de fecundación, que necesita un bebé para formarse. Este foi o resultado da nosa investigación:


Nos obradoiros desta semana traballamos matemáticas, conteo e clasificación, ademáis de traballar o movemento de pinza.


Aproveitamos tamén o bo tempo para realizar un obradoiro de arte fóra da aula, comezamos o proxecto de Jackson Pollock. A súa obra é arte abstracto caracterizada por chorrear pintura. Nós queremos imitar a súa obra empregando diversos materiais e como non...chorreando pintura!!




Pintamos con canicas:
 
 
Seguimos traballando de xeito libre:

 

Contando contiños...


 E celebramos o aniversario de Sofía que xa ten 4 anos!! Parabéns amiga!!