Amosando publicacións coa etiqueta luz negra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta luz negra. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de xuño de 2021

ACHÉGASE A FIN DO CURSO

 Ola familias!!

    Co curso a piques de rematar non queríamos deixar de ensinarvos todo o que seguimos aprendendo, gozando, observando e coñecendo no noso día a día.

    Continuamos descubrindo os bechos que habitan na contorna do cole e cales son as súas características. Ademais, temos un conserxe xenial, Vilas, que case sempre ten algún para nos e nolo trae para que poidamos velo:

    Tamén seguimos co coidado dos nosos vermes, que medraron un montón, e xusto hoxe, cando pensábamos que non nos daría tempo a velo... SORPRESA!! Un deles decidiu facer o seu casulo!





    Pero todos estes descubrimentos son, en parte, grazas a marabillosa contorna que temos, somos uns e unhas privilexiadas!! É por iso que podemos aprender sobre a flora e a fauna en vivo e en directo facendo pequenas saídas polos arredores, xogar nos diferentes patios que temos, merendar a sombra das árbores e regarnos un pouquiño, si si o que leedes, regarnos...




    Todo nos serve para aprender e progresar, ata as cousas que nos semellan máis simples...

    E mesmo descubrimos outras formas de expresión máis artísticas, a través do grafismo creativo, ou da luz negra, coa cal vimos que estando a oscuras e so con esa luz... os nosos debuxos e algunhas das nosas vestimentas brillaban na oscuridade!!


    Pero iso non é todo, porque tamén aprendemos divertíndonos nas nosas clases de psicomotricidade. A profe Sandra sempre nos trae xogos e actividades moi chulas, tanto que xa sabemos que os luns nos toca con ela, e asaltámola no recreo para que nos conte que imos a facer.
Aquí estábamos con xogos populares: 


    Por último, e como sabemos que a curiosidade vos inunda... velaquí as imaxes da nosa saída a praia! Que disfrutamos e xogamos ata non poder máis foi un feito, de seguro que máis de un de nos botou unha boa sesta a que si?



mércores, 26 de maio de 2021

LUZ NEGRA

 Debuxar con luz negra é algo absolutamente fascinante que vos animamos a probar a todos!!! 

domingo, 23 de maio de 2021

Semana curta pero ben aproveitada!


 Ola familias!! Aquí vos deixo as novidades desta semana que foi curta pero deu para moito! Ollade:

Vivimos co noso corpo a direccionalidade do número dous:

Empregamos os animais contadores para asociar número e cantidade:


Esta semana aproveitamos o recurso da luz negra e a mesa de luz para seguir traballando o noso nome:




Saímos fóra do centro para observar a unha egua e ao seu potriño, que estaban nunha finca ao lado do cole:

Estamos habituando a facer sesión pintacara... esta semana flores!!!



sábado, 15 de maio de 2021

CONSTRUCCIÓNS + LUZ

Encántanos investigar e descubrir novos e fascinantes xogos como por exemplo a mestura de luz e construccións: marabilloso!!


xoves, 6 de maio de 2021

XOGANDO COA LUZ

Non deixamos de alucinar cando as profes nos montan tantas propostas para xogar coa luz... e ademais aprendemos un monton de cousas: de números, letras, animais, tamaños...








xoves, 29 de abril de 2021

martes, 10 de novembro de 2020

XOGAMOS COA LUZ NEGRA

    Esta semana estivemos a xogar e experimentar coa luz negra de forma libre facendo "vistosos e flourescentes" debuxos. Traballamos, desta forma tan divertida, a silueta corporal, os nosos nomes, formas... Que experiencia tan vistosa!!!