Amosando publicacións coa etiqueta aula luz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aula luz. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de outubro de 2022

XA ESTAMOS NA CLASE DE 4 ANOS

 Na clase de 4 anos os nenos e nenas comezamos o curso con moita enerxía. O tempo pasa moi rápido e neste verán medramos moitísimo.

Nos primeiros días traballamos o conto "Aquiles o puntiño" e a partir del decidimos facer os nosos corpos con diferentes formas xeométricas dando renda solta a nosa creatividade.




Anxo e Antón trouxeron espigas de millo e foron todo un éxito, pois todos quixemos debullar. Agora temos o millo na mesa sensorial para xogar.

Para darlle a benvida ao outono fixemos un pequenos murais e pintamos a cara. Ademais fixemos unhas variñas de outono coa profe Bea.

 

 

 

Estamos traballando un pequeno proxecto dos nosos nomes, e entre outras cousas fixemos o noso nome con palliñas. Coa profe Bea compuxemos o noso nome estampando letras.



Este curso estamos facendo desdobres e a profe Bea nos leva a aula de luz, traballamos cos ipads, robótica, facemos grafismo creativo e arte. Encántanos!!!







Normalmente aproveitamos o momento da asemblea ou dos desdobres para facer xogos de lóxica-matemática, lecto-escritura e xogos de mesa.

 Cargamos os camións con tantas pezas como indica o número

Xogamos coas cartas de cans- números

Xogamos coas cartas de dedos

Xogamos ao bingo

O frutalito
 

 Xogamos a "Os tres porquiños e o lobo"

 No mes de setembro celebramos a aniversario de Vera Méndez que xa ten 4 anos. Parabéns campiona!!!



 Aprendemos moitas cousas e sempre xogando!!!

 

 






 Recollemos mazas podres para facer compós