A finais de abril, convidamos as familias a ler algún conto para celebrar a "Semana do Libro". Irene, a nai de Eluney, trouxo tres contos... "Cinco minutos de paz", O segredo do rei Curro", e "Orellas de bolboreta"... animouse a leélos na " biblio" a tódolos cursos de infantil....despois na clase, os de 5 anos fixemos un obradoiro baseado no conto "Orellas Bolboreta", no que fixemos unhas bolboretas moi chulas de papel.... pasámolo moi ben.... e cada un de nós levamos a nosa bolboreta para casa....
A finais de abril, pola semana do libro, convidamos ás familias a compartir contos cos peques.
A mamá de Aine e Anton animouse a contar un conto clásico pero dunha forma especial. Ademais de estar acompañada por Carapuchiña e polo lobo....
...trouxo uns títeres que nos encantaron. A verdade é que traballaron moito creando esos títeres tan chulos!
Despois do conto Carapuchiña e o lobo compartiron unhas deliciosas pastas caseiras das que Carapuchiña levaba a avoiña.
Despois ensináronnos máis títeres que trouxeron.
Todos quixemos probalos, estamos feitos uns titiriteiros!
Ultimamente nos encanta montar o teatro na clase e facer pequenos espectáculos uns aos outros, así que estos títeres, diferentes aos da clase, nos motivaron un monton!!
E nos animamos a inventar e contar historias no teatriño....
GRAZAS POR COMPARTIR ESTE CONTO CON NÓS, ENCÁNTANOS QUE NOS VISITEDES!
Candela cumpliu 4 anos, e iso merecía unha celebración moi especial.
A súa coroa estaba chulísima porque a decorou con moito coidado e con grandes axudantes.
Candela deu 4 voltas ao sol, e con ela celebramos cada ano da súa vida vendo fotos dende que naceu.
Candela comeza unha nova volta ao sol rodeada dos seus marabillosos compis.
Encántanos o momento de compartir fotos e recordos... é moi emocionante e divertido, non nos cansamos de velas unha e outra vez!!
Por suposto Candela decorou a súa letra: pintouna e pegoulle un montón de cousas.
E así de bonita lle quedou!
A parede das iniciais xa está completa, iso significa que esté foi o último aniversario deste ano... en setembro máis!!
Xuntos, despois de cantarlle a Candela, desfrutamos dun delicioso biscoito en forma de castelo... riquísimo!!!
Candela tamén levou un agasallo para casa, o cadro con todas as nosas pegadas como recordo do seu primeiro aniversario no cole.
E aínda que o día estaba nublado, nos enchémolo de cor facendo: "A roda do amor". Unha roda na que nos dicimos cousas bonitas, nos damos cariciñas... e que esta vez adicamos a Candela polo seu aniversario.