Para rematar, a derradeira familia en vir a contarnos ó conto foi a de Dimitri. Nesta ocasión foi a súa mamá Tatiana que nos contou "Bigotes el rey de las animaladas" coa interpretación de Dimitri. Estiveron xeniais!!!
E sabedes unha cousa? A mamá de Dimitri é música!!! e toca o violín!!! e xuntos nos tocaron e cantaron unha pieza da película "Coco" que tanto lle gusta a Dimitri.
Despois aproveitamos que a tiñamos aqui para que nos tocase outras cancións e mesmo Eva animouse a cantar unha canción acompañada do violín.
Explicounos tamén as partes do violín, o arco e as diferentes formas de tocalo.
Moitas grazas Tatiana, foi estupendo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario