sábado, 13 de maio de 2023

MAIO CARGADIÑO DE ANIVERSARIOS

Na clase dos peques, pouco a pouco, todos van cumprindo 4 anos. No que levamos de mes xa celebramos que tres compis estiveron de aniversario: que mes tan completo!!!
E como os días importantes hai que celebralos e compartilos cos compis, iso facemos, e pasámolo pipa festexando que Xavi, Theo e Artai xa teñen 4 anos!!!



xoves, 4 de maio de 2023

O MES DE ABRIL DOS PEQUES DO COLE

A semana do 11 ao 14 de abril volvemos ao cole, despois das vacacións de semana santa, e fixémolo coas pilas cargadas e con moitas ganas de seguir aprendendo. Entre outras cousas, seguimos xogando cos nosos nomes, de diferentes formas que nos divirten e nos motivan. Introducimos un xogo con pinzas da roupa: que difícil pero canto nos axuda a traballar a forza e a precisión cos nosos dediños. Tamén aprendemos a xogar ao bingo que fortalece a nosa atención e é moi divertido!!


A semana do 17 ao 21 foi a semana do libro e descubrimos moitos contos cos que contamos, cantamos, xogamos, dramatizamos: encántannos as historias!! Ademais de todo o traballo e actividades da aula fixemos dúas, moi especiais, con todos os compis do cole: "Nova vida aos libros" e o "Apadriñamento lector" (podedes ver máis no blog de Arnaldo premendo AQUÍ)


Na última semana do mes, do 24 ao 28, dedicamos moito tempo a facer traballos artísticos xogando cos números, coas cores, coas letras, coa primavera... calquera escusa é boa para manchar as mans de pintura! Algo que nos fixo desfrutar moito foi descubrir o barro e comezar a experimentar con el: encantounos!! Despedimos a semana cunha actividade moi especial que compartimos con todos os compis do cole: BASURALEZA! Entre todos limpamos carballeiras e roteiros cercanos ao cole: Super Erres en acción!! (podedes ver máis de Basuraleza no blog de Arnaldo premendo AQUÍ)


Este mes Alicia deu a súa 4ª volta ao sol e celebrámolo con ela: encántannos as festas! Parabéns Alicia!


E tamén Paula estivo de aniversario e celebramos con ela que xa ten 4 anos: parabéns Paula!

martes, 2 de maio de 2023

EN ABRIL....SAE O CUCO DO CUBIL!

 Ola familias! o mes de abril pasóusenos voando! Nunca mellor dito porque seguimos traballando sobre as aves:

Observamos as súas características:

Escoitamos os seus cantos:

Emparellamos as femias cos machos:


 Pintámolos con acuarelas:

Continuamos tamén co proxecto de arte de Hervé Tullet, desta vez tocou facer un campo de flores cooperativo:

Seguimos traballando as matemáticas de xeito manipulativo:


Aproveitamos todos os recursos da aula de luz para favorecer así o noso interese e aprender moito máis a gusto!




Nos recantos da aula pasámolo xenial, somos uns grandes artistas!!



Collémoslle o móbil á profe e facemos postureo...


Coa profe Bea traballamos outro cadro de Pablo Picasso:



Aproveitamos o tempo de patio para xogar, merendar e para iniciarnos na materia de xardinería, desta vez plantamos margaridas nos neumáticos que REconvertimos en xardineiras.


 



Na semana do libro: 

Apadriñamento lector:

Libro invisible:

Aproveitamos o campo de flores tan bonito que temos para deitarnos a ler ao aire libre e fixemos un marcapáxinas coas nosas fotos!





Contamos o conto de "CORVO" aos nenos de 6º e 4º, fixémolo tan ben, que seguro que repetimos a experiencia!

Para conmemorar o día da Terra organizamos unha macrobatida para acabar coa BASURALEZA!

 




Despois de tanto traballo... ben está sentarse a merendar! Iso sí, previo lavado de mans e con espectáculo animal!

 

Como non podía ser doutra maneira, encargámonos de ir recoller as xestas para protexer ó cole das bruxas! Repartímolas por todas as aulas e explicámoslles a todos os nenos e nenas do cole esta tradición tan molona.




Ata outra!