Amosando publicacións coa etiqueta andaina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta andaina. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de xuño de 2023

Are quen arou... que maio xa pasou!!!

 Ola familias!!

No mes de maio estivemos traballando Galicia a tope!! Coma tódolos anos conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. Agora xa sabemos porque se celebra nesta data...preguntade aos cativos se queredes saber!

Fixemos unha investigación sobre as súas obras e o contido delas. Aprendemos sobre o camiño de Santiago, as súas sinais e os peregrinos e a súa vestimenta:

 


 

Compartimos cos maiores unha charla sobre o autor, eles explicáronnos a súa investigación e nós tamén lle contamos algunhas cousas que eles non sabían.

Ademais para conmemorar este día fixemos a I Andaina pola lingua, na que escollemos palabras en galego para escribilas en pancartas e así levalas polo camiño ata a pradeira, mirade que gozada de lugar!! Ao chegar  merenda conxunta e despois... ¡¡sorpresa!!, ¡¡un concerto en galego!! Desfrutamos un montón do día!



Para celebrar o día da familia fixemos dous agasallos, un dulce... porque somos moi lambóns e outro relacionado co proxecto de centro RQR:

Bombóns de chocolate branco con chispiñas de cores, e de chocolate con leite con avelás... qué rico!!

Cadros RQR, primeiro pintamos a base do cartón, clasificamos todos os tapóns que trouxemos por cores despois cada un escolleu  diseño que máis lle gustaba e reproduciuno a súa maneira:

 

 

Mirade que marabillas!!



Chegounos unha superpantalla a que lle sacamos moito rendemento, ao chegar ao cole escribimos o noso nome en minis para rexistrar a asistencia.

Antía agasallounos cuns faros que convertemos en imáns. Cada un tivo que ir a buscalo en google maps para saber en que provincia de Galicia se atopaba e así cubrir a ficha de datos do faro que elixiron.


Coa profe Bea fixemos cousas chulísimas no obradoiro de grafismo creativo:



 Seguimos traballando lectoescritura e loxicamatemática como máis nos gusta...XOGANDO!




Moitas veces eliximos ir traballar fóra, estase mellor!


 Fixemos unha pequena asamblea para facer propostas ao consello de nenos sobre como nos gustaría rematar o curso, e estas son algunhas das ideas que nos sairon. Antía e Izan foron nesta ocasión os nosos representantes no Consello.

Celebramos tamén aniversarios:


Para commemorar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE, este ano decidimos convertirnos en FADAS DO BOSQUE!

Comprometémonos a coidar os nosos bosques de lixos, respectando as plantas e aos animais que neles viven:

Traballamos moi duro para ser unhas boas fadas!





 

 Aproveitamos os círculos que nos saíron dos buratos das ás para facer un cadro inspirado na obra de HERVÉ TULLET, onde traballamos as cores claras e oscuras:

 

 E así nos despedimos, desexándovos unha boa fin de curso!!




 


sábado, 15 de abril de 2023

En Marzo, a chegada da primavera nos alegra!

 Ola familias!!!

O mes de marzo aproveitámolo a tope, para traballar e tamén disfrutar!!

As mates traballámolas de distintos xeitos, na ficha para facer a grafía dos números de xeito correcto e cos distintos materiais e xogos manipulativos. Aquí estamos facendo torres de decenas da mesma cor.

Xogamos co xogo de cartas 10 porquiños para iniciarnos nas operacións da suma e da resta.

Co xogo "Plumilla Postal" practicamos a suma.

Eliximos un número e o dividimos en dous.

Xogamos co xogo "Veo 10" para realizar sumas de números que cheguen a 10.

Compoñemos a serie numérica coas regletas:

Para traballar a lectoescritura seguimos traballando os contos de cada letra, repasamos a súa direccionlidade co dedo e despois facemola na ficha, ademais tamén escribimos palabras que comecen polas letras traballadas de xeito autónomo.

 Iniciamos unha nova actividade chamada "O correo" no que escribimos cartas a os nosos compañeiros, e os venres se todos os sobres teñen carta podemos recollelas. Dicímonos cousas moi bonitas...



No obradoiro de arte seguimos traballando ao artista dos nenos Herve Tullet, encántanos seguir as súas instruccións!!



Coa chegada da primavera iniciamos unha nova investigación sobre AS AVES.

Pintámonos como elas:

Analizamos a súa morfoloxía:

Escoitamos o seu canto:

Visitounos O Csic para amosarnos curiosidades sobre o fondo mariño, gustounos moitísimo, Grazas a David e Susi por ensinarnos cousas tan interesantes!!



 Nos recantos facemos unha chea de cousas novas cada día, desta vez tiñamos puzzles novos, elaboración de colares e pulseiras, construccións, obras de arte...






O día da muller adícamolo a unhas Super mulleres, as nosas avoas, falamos delas e elaboramos este mural tan importante para nós, que todo o cole sepa que SUPER AVOAS temos!



Para finalizar o trimestre fixemos unha nova andaina pola contorna, desta vez, subimos a montaña máis alta de Seixo, o parque da Brea!!! Desfrutamos da natureza, dunha merenda de picnic, das vistas e sobre todo aproveitamos para limpar a nosa contorna, somos un equipo!!!






E para o último día de trimestre.... decoramos a nosa foto de recordo da saída, comemos rosca, xogamos a buscar ovos de chocolate e pintámonos de coelliños de pascua!!!

 

 

E no próximo trimestre....moito máis!!