Ola familias!!
No mes de maio estivemos traballando Galicia a tope!! Coma tódolos anos conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. Agora xa sabemos porque se celebra nesta data...preguntade aos cativos se queredes saber!
Fixemos unha investigación sobre as súas obras e o contido delas. Aprendemos sobre o camiño de Santiago, as súas sinais e os peregrinos e a súa vestimenta:
Compartimos cos maiores unha charla sobre o autor, eles explicáronnos a súa investigación e nós tamén lle contamos algunhas cousas que eles non sabían.
Ademais para conmemorar este día fixemos a I Andaina pola lingua, na que escollemos palabras en galego para escribilas en pancartas e así levalas polo camiño ata a pradeira, mirade que gozada de lugar!! Ao chegar merenda conxunta e despois... ¡¡sorpresa!!, ¡¡un concerto en galego!! Desfrutamos un montón do día!
Para celebrar o día da familia fixemos dous agasallos, un dulce... porque somos moi lambóns e outro relacionado co proxecto de centro RQR:
Bombóns de chocolate branco con chispiñas de cores, e de chocolate con leite con avelás... qué rico!!
Cadros RQR, primeiro pintamos a base do cartón, clasificamos todos os tapóns que trouxemos por cores despois cada un escolleu diseño que máis lle gustaba e reproduciuno a súa maneira:
Mirade que marabillas!!
Chegounos unha superpantalla a que lle sacamos moito rendemento, ao chegar ao cole escribimos o noso nome en minis para rexistrar a asistencia.
Antía agasallounos cuns faros que convertemos en imáns. Cada un tivo que ir a buscalo en google maps para saber en que provincia de Galicia se atopaba e así cubrir a ficha de datos do faro que elixiron.
Coa profe Bea fixemos cousas chulísimas no obradoiro de grafismo creativo:
Seguimos traballando lectoescritura e loxicamatemática como máis nos gusta...XOGANDO!
Moitas veces eliximos ir traballar fóra, estase mellor!
Fixemos unha pequena asamblea para facer propostas ao consello de nenos sobre como nos gustaría rematar o curso, e estas son algunhas das ideas que nos sairon. Antía e Izan foron nesta ocasión os nosos representantes no Consello.
Celebramos tamén aniversarios:
Para commemorar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE, este ano decidimos convertirnos en FADAS DO BOSQUE!
Comprometémonos a coidar os nosos bosques de lixos, respectando as plantas e aos animais que neles viven:
Traballamos moi duro para ser unhas boas fadas!
Aproveitamos os círculos que nos saíron dos buratos das ás para facer un cadro inspirado na obra de HERVÉ TULLET, onde traballamos as cores claras e oscuras:
E así nos despedimos, desexándovos unha boa fin de curso!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario