Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de xaneiro de 2025

FELIZ ANINOVO !!!

Feliz aninovo familias!!! Aquí estamos de novo un ano mais e, como o tempo pasa voando,  xa deixamos atrás un trimestre. 

Durante estes primeiros meses traballamos unha chea, pero tamén nos divertimos moitísimo!!!   Aquí vos deixamos unha gran reportaxe para que vexades a chea de novos descubrimentos, experiencias e aprendizaxes que levamos a cabo durante todo este tempo.

Así comenzamos o cole:


- Aprendemos a través do xogo, da manipulación e da experimentación:




 

- Experimentamos:



- Facemos galletas:


- Tamén traballamos e nos esforzamos sen esquecer que estamos na escola para aprender!!!

  • Coñecemos os nosos corpos:

  •     Grafismo creativo:


  •      Facemos arte:


  •      O outono:






  •     Traballamos e xogamos cos nosos nomes e perfís

  •     Recortamos 

  •     Traballamos o Samaín e inverno

  •      Elaboramos postais de Nadal: 

 

- Festexamos os aniversarios:






- O magosto:


- Visitamos a Galiña Azul polo Nadal:

Esperamos que gozásedes vendo as actividades que facemos no cole . Agora xa empezamos un novo trimestre con moitas ganas de aprender unha chea de cousas novas e de gozar facéndoo!!!
Grazas por todo familias!!!



xoves, 28 de decembro de 2023

AS ACTIVIDADES CONXUNTAS DA TROPA PEQUENA

As nenas e nenos de infantil, ademais das moitas cousas que facemos nas aulas, desfrutamos moito coas actividades conxuntas de todo o cole: encántanos estar cos maiores! E tamén o pasamos xenial nas actividades que facemos xuntos todo o alumnado de infantil, aquí tendes unha recompilación das que fixemos no último mes de curso.


Polo 25N, no día contra a violencia de xénero, traballamos "O libro dos porcos" e falamos do importamte que é colaborar en casa. Fixemos uns antifaces pensando en que colaboramos e vendo ideas de moitas cousas nas que podemos colaborar aínda que sexamos peques.


Seguimos coidando e mellorando o noso cole, e enchendo Seixo de vida. Xuntámonos para plantar algunhas hortensias e poñer máis bonita a fachada do cole: estamos desexando velas en primavera!!


Encántanos saír do cole, e se é en bus aínda é máis emocionante! Todo o alumnado de infantil fomos ata Viveiro O Piñeiro onde desfrutamos dunha mañá diferente e moi especial. Coñecimos moitas plantas, peixes, roedores... e desfrutamos do decorado tan fermoso que teñen de Nadal, ademáis de maquillarnos de renos. Unha mañá moi completa!


E por suposto desfrutamos da visita máis especial do ano: Papá Noel estivo en Seixo!!!


Estade pendentes do blog de Arnaldo, porque alí contaremos máis aventuras que vivimos cos compis de primaria.

martes, 3 de xaneiro de 2023

Os de 5... Seguindo estrelas!!

 Boas familias!!! Decembro foi un mes máxico!! Éncantanos o Nadal e así o desfrutamos:

Comezamos montando o noso almanaque de advento... repartimos os días no almanaque de aula para saber a quen lle ía tocar cada día, que emoción!!



Preparamos galletas  de nadal, facemos nos todos os pasos, xa somos uns expertos cociñeiros!


Traballamos arreo para facer as manualidades de nadal:




Escribimos e decoramos as postais de nadal:

Aportamos o noso gran de area para facer a árbore de Nadal cooperativa, de refugallo pero con moita purpurina!!

 

 



Traballamos as figuras dos Reis Magos. Miramos unha peli sobre a súa historia, falamos da estrela que seguían e comparámola cos nosos soños ou desexos que queremos conseguir, saíron ideas moi chulas!! Queren ser policías, perruqueiras, pasteleiras, doutoras, mestras, exploradores, etc. Todos poden conseguir o que desexan sendo constantes e esforzándose en conseguilo!



 Escribimos carta aos Reis e eliximos a quen lla queremos mandar e metemolas no buzón correspondente:







Aproveitamos a saída para enviar a postal que fixemos ao buzón de correos, pusémos o selo e falamos desa persoa tan importante que aparece nel, o rei de España, e houbo algunha que preguntou porque non había selos da raíña... pois claro!! con toda a razón, jajajja. 

Que emoción cando nos chegou a felicitación dun compañeir@!


 



Gozamos coa viaxe en tren, emocionámonos cando vimos a Illa de Tambo na ría e o faro Tenlo Chico!

Aproveitamos que o tren estaba aparcado no patio para enredar un pouco nel!!

 Celebramos unha merenda navideña conxunta.. puxémonos as botas!!!

Fumos ao cine de Seixo, e aproveitamos o soliño para facer un picnic á volta.

Elaboramos os noso traxes rexionais de galegos para a actuación de nadal... que guapísimos estábamos e que ben o fixemos!!!


Entre tanta festa tamén facemos cousas cotiás, temos tempo para todo!





Cada día, imos sumando moitos recordos xuntos, como este día, que saímos ao patio e caíunos un chaparrón sorpresa e tivémonos que meter todos no caseto a todo correr!!

Familias, espero que esteades a gozar destas vacacións, e sobre todo, destes pequen@s que son un tesouro. Vémonos a volta!!