domingo, 29 de novembro de 2020

PARABÉNS ANTÓN, SALMA E UNAI!!!

 Este mes de novembro tivemos de aniversario a Antón,  Salma e  Unai que cumpriron xa 4 anos!!! Aquí déixovos unhas fotos para que  vexades como decoran as súas coroas e o guapos e maiores que están.


MOITOS  PARABÉNS  LAGARTIÑOS!!!

luns, 23 de novembro de 2020

Saída carballeira

 Ola familias!

Hoxe aproveitando o bo tempo decidimos saír do cole a visitar a carballeira que temos xusto detrás do noso patio. Xa levamos algún tempo traballando sobre as árbores do outono, e nesta ocasión quixemos ver os carballos de preto.

Estabamos moi inquedos... era a nosa primeira saída! Pero portámonos de marabilla, así que deixamos as profes con ganas de levarnos máis veces!

 


Aproveitamos a saída para recoller follas de carballo, landras e bugallos.

 

Despois aproveitamos a saída para descubrir o campo de fútbol de herba que temos ao ladiño do cole, gustounos moito!!
 



Esperamos seguir gozando do bo tempo para poder volver pronto!

 



domingo, 22 de novembro de 2020

LECTOESCRITURA SIGNIFICATIVA

 Ola familias!!

Nesta ocasión os pequechos de tres anos queren amosarvos como nos iniciamos no mundo da lectoescritura. 

O máis importante é comezar polo máis significativo é para eles: o seu nome. 

Comezamos pola súa inicial, e aproveitamos os recursos que temos para compoñela de forma manipulativa.




Unha vez recoñecida e asociada cadansúa inicial, pasamos a facer actividades co propio nome:

Con letras grandes de espuma.

O encargado do día repasa o seu nome e despois asocia as letras con outras magnéticas.


Compoñen o seu nome con letras de madeira, repasan e tentan escribilo soíños.


 

 

Aproveitamos a mesa de luz para compoñer o seu nome coas letras translúcidas, repasamos con pincel...

 

 


 Aprendemos un montón!!

sábado, 21 de novembro de 2020

APRENDEMOS XOGANDO II

     Aquí estamos o resto da clase que tamén estivemos xogando con beebot na "casa de Arnaldo".



 

venres, 20 de novembro de 2020

OS DEREITOS DA INFANCIA

Ola familias! Levamos case toda a semana falando sobre os dereitos dos nenos e nenas. Na clase de cinco anos estivemos debatendo para saber se coñecíamos ou non eses dereitos. 

A través de diversos contos que nos proporcionou a nosa mascota Arnaldo averiguamos cales eran ditos dereitos. Despois, cada nena e neno fixo o seu propio cartel cun dereito acompañado dun debuxo. 


E o propio día dos dereitos da infancia (hoxe día 20 de novembro) gravamos un vídeo e colocamos os nosos carteis cos dos demais compañeiros e compañeiras do cole. Aquí vos deixamos o vídeo e as fotos. 

QUE VIVAN OS DEREITOS DA INFANCIA!





luns, 16 de novembro de 2020

APRENDEMOS XOGANDO

Ola familias!!!
Aquí estamos esta semana para ensinarvos algunhas actividades que estivemos a facer estes días cos  ipads e  bebot (aproveitando que eramos grupos reducidos e que nos gustan moito.




domingo, 15 de novembro de 2020

Semana da castaña

Ola familias! Co motivo do magosto, esta semana no cole, celebramos a semana das castañas. Realizamos unha serie de propostas onde as castañas foron o elemento protagonista.

Contamos o conto “O magosto” e despois traballamos o vocabulario do mesmo escribindo palabras como castaña, castañera, cucurucho, magosto, gaiteiro...










Outra actividade que levamos a cabo foi escribir os nomes con castañas.




Tamén xogamos cos dados e coas castañas. Tiñamos que tirar os dados e colocar tantas castañas como indicase o número.



Outra proposta foi facer formas, obxectos... coas castañas. 



Tamén realizamos outra tarefa, que non era sobre castañas, senón sobre outro alimento típico desta época do ano como é o millo. O alumnado debullou o millo que despois empregamos para outra actividade. Aquí vos deixamos o vídeo. 


Logo, aproveitamos ese millo, as castañas e outros elementos do outono que tiñamos na aula para facer unha actividade ultrasensorial e deixar voar a creatividade destes rapaces e rapazas. Aquí tedes outro vídeo. 




E, por último, aquí déixovos algunhas das creacións feitas polo o alumnado na actividade anterior. Dou fe de que o pasaron moi ben realizando esta actividade!











venres, 13 de novembro de 2020

ELABORAMOS UN MEDIDOR DE NOMES

Ola familias:

    Hoxe ensínovos outra actividade que facemos todos os días no momento das rutinas diarias. Trátase dun medidor de nomes: cada día o encargado/a escribe o seu nome, contamos cantas letras ten e vemos quen ten o nome máis longo, máis curto, cantas letras ten máis, cantas menos, igual cantidade de letras, cores...