luns, 30 de novembro de 2015
mércores, 25 de novembro de 2015
POR QUE CHOVE? (VI)
Estes últimos días continuamos na clase traballando o tema do auga e
agora tocounos investigar sobre como chega a auga ás nosas casas e para
iso contamos coa axuda de Noelia e de Rubén que nolo explicaron de
marabilla¡¡¡
luns, 16 de novembro de 2015
INAGURACIÓN PATIO DE INFANTIL
Despues
de estar días e días mirando como construían o noso patio de infantil, o
venres por fin puidemos utilizalo. Ademais dunha zona de xogo cos
elementos que tiñamos no outro patio contamos cun tren grande que é
super divertido. Tamén nos puxeron dous bancos e arranxáronnos a fuente e
puxéronnos moita moita area!!!
venres, 13 de novembro de 2015
POR QUE CHOVE? (v)
Continuamos co noso proxecto sobre a auga e esta semana contamos coa
axuda de Uxía que nos contou como a súa familia participou na
construción, fai moitos anos, dun depósito de auga en Santomé grazas ao
cal levaron a auga a todas as casas por medio das tuberías e de Eva que
nos explico a formación dos charcos cando chove.
Tamén construímos entre todos un movil de pingas de auga que temos colgado adornando o noso recuncho de investigación.
xoves, 12 de novembro de 2015
CELEBRAMOS O MAGOSTO
O pasado venres, malia a choiva que nos acompaño durante toda a mañá..., celebramos no cole a festa do magosto coa axuda dos papas e as mamás do AMPA. Aínda que non puidemos facer os xogos populares que tiñamos preparados pasámolo de marabilla comendo as riquisimas castañas todos xuntos!!!
mércores, 4 de novembro de 2015
PROXECTO POR QUE CHOVE? (IV)
Onte acabamos de traballar as características da auga e para elo axudáronnos Cloe (co seu interesantísimo libro de experimentos¡¡¡) e Sara e Claudia que nos volveron a recordar o ciclo da auga. Moitas grazas chicas¡¡¡¡
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)