martes, 28 de abril de 2020

BOLETIN DE ACTIVIDADES 4 ANOS (V)

Ola familias
Xa estamos na segunda semana deste trimestre unha semana menos para que se normalice esta situación. Déixovos novas actividades e suxestións para traballar na casa dentro das posibilidades de cada un, e non vos esquezades de ver as actividades das miñas compañeiras que tamén podedes aproveitar.

Aquí tendes un pequeno resume dos contidos que se dan en catro anos. Isto e solo unha orientación para que vos sexa mais fácil traballar cos vosos fillos/as.

       
Imos comezar con outra canción de "bos dias" que poñíamos nas rutinas de aula, para que os lembredes deses momentos tan felices no cole e que tanto votamos de menos.

Xa todos/as sabédela de memoria.....A que siii...?? E agora outra que non podedes esquecer...

* Para comezar imos traballar o numero seis:
     - Identificar número/cantidade. 
     - Contar adiante e atrás. 
     - Cal é o numero maior ? e o menor.....? 
     - Cal esta no medio.
 - Sumas e restas sinxelas dun xeito manipulativo.

Deixovos un par de fichas:
1. Ficha dos polbos
- Nesta ficha podedes colorear o número 6 grande, poñer gomets, ou facelo por dentro con rotuladores ou lapis de cores seguindo a direccionalidade correcta.
- Contar e colorear seis polbos.
- Facer a grafía.
             
2. Ficha das ras:
- Facemos a grafía do 6.
- Coloreamos 5 ras de cor verde e a do medio de    vermello.
- Facemos unha suma... cinco ras verdes mais unha vermella igual a.....
Isto tamén podemos facelo con froitas ou  calquera outro obxecto que teñamos na casa.

          
Aquí déixovos un vídeo moi chulo de sumas moi sinxelas, espero que vos guste.


Despois de facer sumas manipulando obxectos, imos facelas nunha ficha. Cando acabedes podedes colorear os debuxos. 
                                                    

Aquí tendes ideas para poder traballar os números: con botóns, pinzas da roupa, chapas, etc.

As pinzas son un recurso económico moi sinxelo que favorece as destrezas da motricidade fina.... a coordinación óculo manual, e ademais podemos traballar: sumas, restas, cantidades, series (con pinzas de cores)... etc
                             
                                       
Os botóns son outro recurso co que tamén pódense facer moitas cousas...(traballar cantidades, series, tamaños grande mediano pequeno... etc).

E mirade tamén chapas e cartóns...para traballar os números.


* Figuras xeométricas planas:
As figuras planas que xa todos coñecemos, e o círculo, cadrado, e triángulo, pero temos que repasalos, para que non vos esquezades.



* Seriacións de dous elementos: tendes que completar as series.

- Vermello-azul, vermello-azul
- Amarelo-verde, amarelo-verde 
- Verde-azul verde-azul


*Grafomotricidade: seguide os puntiños correctamente. 

* Lecto-escritura: 

- Nesta ficha tendes que por a vogal que falta. 
- Pronunciade vos a palabra recalcando as vogais. Por exemplo: CAAAASAAA... FOOOCAAA... BOOOTAAA... ROOSAAA... YOOOGAAA
                                     
               

* A plástica e moi importante traballala porque estimula a imaxinación e a creatividade. 
* Imos facer diversas actividades con témpera utilizando recursos que seguro tendes na casa.
- Corchos
- Algodón
- Pinzas 
- Os tubos de papel hixiénico 

Con todo isto e un pouco de imaxinación podemos facer verdadeiras obras de arte....



* Para esta segunda actividade necesitamos:
- Papel blanco
- Cera blanca
- Acuarela ou tempera moi diluida en auga.
Nun folio escribimos o noso nome ou calquer outra palabra con cera branca en letras maisculas e grandes, pasamos por encima acuarela....e maxia!! Aparece o nome que habiamos escrito e tamén podemos facer calquer debuxo....Mirade que chulos quedan...!!!

 
E para rematar déixovos un vídeo..."Poesía de la primavera."



Espero que vos gusten as actividades desta semana. 

Moito ánimo..!!!

BOLETIN DE ACTIVIDADES 5 ANOS (V)

Bos días, lindos e lindas!!!!
Que ben que xa podedes saír, correr e pasear. Dinme as mamás e os papás que vos estades a portar de maravilla, con moita paciencia e respectando as normas. Que chicos maiores, tan axudantes!!!

Esta semana vos deixo 4 actividades (unha para cada día, porque hoxe luns son os maios), pouquiñas e sinxelas, para non complicarvos. De todas formas, as das outras clases de infantil son estupendas, por se queredes ampliar ou preferides outros traballos.

POR FAVOR, PRECISO QUE ME ENVIEDES FOTO DE ALGUNA DAS ACTIVIDADES (OU MÁIS, SE VOS APETECE), porque empezamos a facer un seguimento máis exhaustivo, a petición da inspección. Queremos saber se os nenos están a facer as actividades, se son axeitadas en cantidade e forma ou tedes outras preferencias. De ser así, POR FAVOR, NON DUBIDEDES EN MANDARME UN EMAIL. 


A primeira é moi especial, porque a idea é de Óscar (E POR FAVOR, MANDÁDEME AS IDEAS QUE QUIRADES)

1. ESCRIBIR UNHA LISTA DAS COUSAS MÁIS MOLONAS QUE IMOS FACER DESPOIS DO CORONAVIRUS
Pódenos axudar a escribir as familias, claro (chivándonos o sonido das letras) pero o importante é intentar escribir por vós mesmos. Se nos comemos algunhas letras, non pasa nada. E queda máis bonito cun debuxo deses chulísimos que facedes sempre!!!!


Este é o que eu fixen (con acuarelas):


Mandádeme o voso e facemos un mural ben bonito!


2. CON COUSAS DA CASA, PODEMOS FACER UN PUZZLE MOI INTERESANTE



Aquí traballamos:
-as FORMAS (se pode facer mesturando cousas cadradas, rectangulares e redondas),  
-os TAMAÑOS (grande, mediano, pequeno), 
-o TRAZO (para os peques é difícil facer o contorno, é un bo exercicio), 
-e a DISCRIMINACIÓN VISUAL (hai que identificar cal se corresponde con cal).


3. Isto o vamos a completar con dúas actividades de CLASIFICACIÓN. Na foto aparecen pedras, pero se pode facer con calquera cousa (cos xoguetes, mesmamente).


4. DIARIO DUNHA LENTELLA (ou varias, ou outra cousa que queirades plantar)
Non fai falta imprimir esta plantilla, só é un modelo. Podélelo facer nun folio, anotando os días. 


Aquí vos deixo algúns exemplos para inspirarvos:




Bicos e apertas mil!!!! Espero vervos pronto. Cómo se bota de menos a vosa sonrisa : )






BOLETÍN DE ACTIVIDADES 3 ANOS (V)

Ola familias!!
Unha semana máis estamos aquí de novo acompañándovos nestes momentos difíciles pero que pouco a pouco imos superando coa colaboración de todos e todas.
Lembrade que as actividades que propoño aquí non tendes que facelas todas (os que queiran poden facelas todas, por suposto), xa que a maioría das veces poño varias actividades diferentes para que cada familia poidades escoller as que mellor se adapten aos medios e recursos dos que dispoñedes.
Tamén recordarvos que Arnaldo no seu blogue, As pegadas de Arnaldo, propónnos retos moi chulos . Esta semana versa sobre o tema dos Maios...Animádevos a participar!!! Eu vouno facer...
E como digo sempre, enviádeme as cousiñas que ides facendo, ou calquera dúbida ou suxerencia que teñades a miña conta de correo.
Esta semana imos a traballar sobre os seguintes aspectos:
1.- Continuamos xogando coas partes do corpo
  • Podemos facer unhas plantillas da cabeza ou memo dunha silueta do corpo e que eles e elas  as decoren con plastilina ou outros materiais  dos que dispoñades


2.- Traballamos as emocións
Para elo traballamos co conto do monstruo de colores.

 Ó rematar falamos con nenos e nenas sobre como nos sentimos, que pasa cando nos enfadamos, e cando estamos ledos... Identificamos as cores e as emocións que aparecen no conto e falamos con eles/as sobre diferentes situacións e as emocions que nos provocan:
  • Vexo fotos dos meus amigos e amigas
  • Fago unha videochamada cos meus primos, avós..
  • Salgo a aplaudir ás oito
  • Estou vendo una película onde saen monstruos e meigas...
  • Fago exercicio en casa con papi e mami
  • Axudo a facer un biscoito
A partir de aquí podemos facer as seguintes actividades:
- Facemos un debuxo dunha situación que estes días fainos sentir ledos, estar felices (facer un bizcoito con papá e mamá, ver una peli en familia, bailar e cantar co meu irmán…)
- Empregando as plantillas anteriores representamos as emocións con plastilina

- Recoñecemos as emocións e traballamos os números e as cantidades


Ficha sacada de pinteres.es
3.- Traballamos as cores
- O que non dispoña de plastilina, ou si vos apetece elaborala vos mesmos con axuda dos nenos e nenas, aquí vos deixo un enlace para facer plastilina caseira, que xa veredes que é moi doado e aos nenos e nenas lles encanta!!
Se empregamos colorante alimenticio podemos xogar a mezclar as cores e ver que cores resultan (se mezclamos o colorante verde e o amarelo sae a plastilina de cor verde, e se mezclamos o amarelo e o vermello?...)
- Outras actividades para traballar as cores a partir do conto serían:
  • Facemos seriacións. Teñen que continuar a serie (cor verde-cor vermella, verde-vermella, verde-vermella, e asi con todas as series). Se non tender gométs podedes facelo coloreando, con pintura de dedos,podedes facelo coa plastilina, facendo as boliñas coas mans, témperas....

Tamén no caso de non ter impresora podedes debuxalas nun papel ou facelas con obxectos que teñades pola casa (por exemplo coas pezas de construccion, botóns, pompóns, fichas parchís...)


- Identificamos os números e os asociamos a unha cor. Igualmente si non temos gomets, poden colorealos, ou estampar o dedo con pintura de dedos ou témperas.


4.- Experimento
    Aquí vos propoño facer con eles/as a técnica do esgafriado que aínda que os soe moi raro estou segura que na vosa infancia a fixechedes mais dunha vez. É moi doado de facer e precisamos poucos materiais.
  • Materiais
    • Ceras de difrentes cores
    • Témpera negra
    • Un pincel
    • Papel
    • Palillos
  • Paso a paso
    • O primeiro que imos facer é pintar o papel con todas as ceras de cores que teñamos e que queiramos empregar. Emprega varioas cores e pinta a maior cantidade de papel. Podedes axudarles a colorear que de seguro se cansarán pronto.
    • Unha vez que rematemos de pintar coas ceras, collemos o pincel coa témpera de cor negra e pintamos toda a superficie da folla, tapando o que pintamos ó inicio
    • Deixamos secar a pintura uns minutos ata que esté completamente seca
    • E por último, a parte divertida: collemos o palillo e rasgamos facendo o debuxo que queiramos, letras, números.... Con esto, verás cómo as cores que pintamos ao inicio volven a aparecer dunha forma divertida
Verdade que foi divertido???

martes, 14 de abril de 2020

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 5 ANOS (IV)

Bos días e voa volta de vacacións a tod@s!!!

Esperamos que continuedes sans, tranquilos e felices, tanto vós como as vosas familias.
Retomamos as publicacións semanais e ogallá vos gusten moito!
Veña! Que xa falta menos!
Moitos bicos e apertas cheas de forza e paciencia!


  1. Aínda vos lembrades de cómo se escriben os nomes dos compañeiros? (Espero que sí ;) E de cómo se escribe o voso apelido?
  2. Actividades co calendario
    • Seguro tedes un calendario na casa, igual que o do cole. Sabíamos o día, o mes e o ano. Podedes ir tachando os días igual que facíamos na clase 
    • Se tedes ganas de facer manualidades, podedes facer un como o noso circular no que aparecen os meses e as estacións do ano. 

  • Nos vos olvidedes dos meses e das estacións! E dos días da semana! 
  • Por se acaso, vos deixo unha canción (non é de Michael Jackson, pero pode valer) https://youtu.be/C2DNBnhMpvQ
3. Actividades coa serie numérica

  • Podedes facer un tren de números coas fabas? 
  • E cos tapóns? Mirade 100 números coas tapas do leite! Logo desenróscanse e... hai que poñelos no sitio
  • 4. Actividades de motricidade fina
    • Aquí van varias propostas de xogo nas que se traballa a coordinación, a precisión, o control manual... que se poden facer fácil con chirimbolos da casa


      5. Actividades de coñecemento do propio corpo e das emocións
      Desexo que todo isto vos pillara con algo de plastilina na casa (que vale para todo), pero se non foi así, tamén podedes facer masa e pintar vos unha cara en branco... 
      Aquí vai unha proposta simpática para falar xuntos das emocións básicas: a tristeza, a alegría, a calma, o enfado, o medo (será o dos pelos de punta, non?)

      Espero de corazón que vos gusten e vos sexan asequibles! Ídeme contando qué tal e non deixedes de movervos (hai enlaces e ideas na publicación anterior) e de ler.
      Bicos a moreas!

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 4 ANOS (IV)

Ola familias
Xa estamos de volta....!! Que tal nestas vacacións tan especiais...? Espero que ben e que estedes con moita enerxía para traballar deste xeito tan peculiar... Ánimo familias..!! Xa falta menos para que esta situación acabe e poder volver a normalidade que tanto desexamos todos. 
Imos facer un repaso ás rutinas que facíamos na aula... Se tendes un calendario na casa mellor... aquí tachamos o día do mes. Déixovos un vídeo que sempre escoitamos a primeira hora da mañá...

  

* E agora imos traballar:
- Os días da semán... Que día e hoxe? 
- Os meses.....En que mes estamos? 
- As estacións... 
- O ano... 
- Que tempo fai hoxe..? sol, nubes, chuvia..? 

Isto todo facíamolo de maravilla no cole .. acordádevos...??



Imos tamén a lembrar o número de compañeiros que somos na clase e escribir seus nomes.                   

- Debuxa o teu mellor amigo/a..
- Cantos anos ten..?

Non nos podemos esquecer da grafomotricidade, ésta e moi importante, para o desenvolvemento, e base da futura escritura. 
Déixovos aquí unhas imaxes para facer na casa.... sólo necesitamos as mans, témpera, e rotuladores... mirade que sinxelo e que divertido!!!
  



Aquí tendes un poema moi pequeno para memorizar:


E agora facemos algo de plástica... a nai do pitiño..."unha galiña"


Bueno xa imos rematar.... espero que vos gusten moito as actividades que vou poñendo e que disfrutedes facéndoas.... como xa sabedes podedes seguir mandando fotos, vídeos das actividades que facedes sean outras ou éstas... eu estarei sempre en contacto con vos...
E lembrade que éste e un bo momento para desfrutar da familia... temos que ver a parte positiva que ten ésta situación que estamos vivindo. Moitos bicos e apertas.