martes, 28 de abril de 2020

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 3 ANOS (V)

Ola familias!!
Unha semana máis estamos aquí de novo acompañándovos nestes momentos difíciles pero que pouco a pouco imos superando coa colaboración de todos e todas.
Lembrade que as actividades que propoño aquí non tendes que facelas todas (os que queiran poden facelas todas, por suposto), xa que a maioría das veces poño varias actividades diferentes para que cada familia poidades escoller as que mellor se adapten aos medios e recursos dos que dispoñedes.
Tamén recordarvos que Arnaldo no seu blogue, As pegadas de Arnaldo, propónnos retos moi chulos . Esta semana versa sobre o tema dos Maios...Animádevos a participar!!! Eu vouno facer...
E como digo sempre, enviádeme as cousiñas que ides facendo, ou calquera dúbida ou suxerencia que teñades a miña conta de correo.
Esta semana imos a traballar sobre os seguintes aspectos:
1.- Continuamos xogando coas partes do corpo
  • Podemos facer unhas plantillas da cabeza ou memo dunha silueta do corpo e que eles e elas  as decoren con plastilina ou outros materiais  dos que dispoñades


2.- Traballamos as emocións
Para elo traballamos co conto do monstruo de colores.

 Ó rematar falamos con nenos e nenas sobre como nos sentimos, que pasa cando nos enfadamos, e cando estamos ledos... Identificamos as cores e as emocións que aparecen no conto e falamos con eles/as sobre diferentes situacións e as emocions que nos provocan:
  • Vexo fotos dos meus amigos e amigas
  • Fago unha videochamada cos meus primos, avós..
  • Salgo a aplaudir ás oito
  • Estou vendo una película onde saen monstruos e meigas...
  • Fago exercicio en casa con papi e mami
  • Axudo a facer un biscoito
A partir de aquí podemos facer as seguintes actividades:
- Facemos un debuxo dunha situación que estes días fainos sentir ledos, estar felices (facer un bizcoito con papá e mamá, ver una peli en familia, bailar e cantar co meu irmán…)
- Empregando as plantillas anteriores representamos as emocións con plastilina

- Recoñecemos as emocións e traballamos os números e as cantidades


Ficha sacada de pinteres.es
3.- Traballamos as cores
- O que non dispoña de plastilina, ou si vos apetece elaborala vos mesmos con axuda dos nenos e nenas, aquí vos deixo un enlace para facer plastilina caseira, que xa veredes que é moi doado e aos nenos e nenas lles encanta!!
Se empregamos colorante alimenticio podemos xogar a mezclar as cores e ver que cores resultan (se mezclamos o colorante verde e o amarelo sae a plastilina de cor verde, e se mezclamos o amarelo e o vermello?...)
- Outras actividades para traballar as cores a partir do conto serían:
  • Facemos seriacións. Teñen que continuar a serie (cor verde-cor vermella, verde-vermella, verde-vermella, e asi con todas as series). Se non tender gométs podedes facelo coloreando, con pintura de dedos,podedes facelo coa plastilina, facendo as boliñas coas mans, témperas....

Tamén no caso de non ter impresora podedes debuxalas nun papel ou facelas con obxectos que teñades pola casa (por exemplo coas pezas de construccion, botóns, pompóns, fichas parchís...)


- Identificamos os números e os asociamos a unha cor. Igualmente si non temos gomets, poden colorealos, ou estampar o dedo con pintura de dedos ou témperas.


4.- Experimento
    Aquí vos propoño facer con eles/as a técnica do esgafriado que aínda que os soe moi raro estou segura que na vosa infancia a fixechedes mais dunha vez. É moi doado de facer e precisamos poucos materiais.
  • Materiais
    • Ceras de difrentes cores
    • Témpera negra
    • Un pincel
    • Papel
    • Palillos
  • Paso a paso
    • O primeiro que imos facer é pintar o papel con todas as ceras de cores que teñamos e que queiramos empregar. Emprega varioas cores e pinta a maior cantidade de papel. Podedes axudarles a colorear que de seguro se cansarán pronto.
    • Unha vez que rematemos de pintar coas ceras, collemos o pincel coa témpera de cor negra e pintamos toda a superficie da folla, tapando o que pintamos ó inicio
    • Deixamos secar a pintura uns minutos ata que esté completamente seca
    • E por último, a parte divertida: collemos o palillo e rasgamos facendo o debuxo que queiramos, letras, números.... Con esto, verás cómo as cores que pintamos ao inicio volven a aparecer dunha forma divertida
Verdade que foi divertido???

Ningún comentario:

Publicar un comentario