Na clase de 3 anos gústanos moito disfrazarnos e aproveitando o entroido estivemos investigando sobre os peliqueiros.
Tamén nos pintamos de pallasos.
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro primeiro investigamos un pouquiño sobre quen era e a que se adicaba. Despois traballamos o seu poema "Vente rapasa" e decoramos un pensamento ( a súa flor preferida) con palabras da poesía que despois empregamos para formar parte da "I Andaina de Rosalía".Por último plantamos un pensamento.
Fixemos uns bonecos de neve para decorar a entrada do cole.
Aproveitamos o momento da asemblea para facer xogos en gran grupo.
Aquí traballamos máis que- menos que
Traballamos os números ata o 5 e os diferentes xeitos de representalos
Traballamos o sentido numérico facendo torres de tantas pezas como indica cada número
Traballamos "tantos como" xogando a poñer tantos coches como dedos indica cada man ata o número 5.
Xogamos a facer torres coas pezas lego
Xogamos coas formas xeométricas e os cadros de dobre entrada pero aínda é un pouco complicado.
Este trimestre estivemos traballando a separación de residuos coa axuda da patrulla canina e comezamos a reciclar. Tamén estamos aprendendo a facer compost.
Recibimos unha charla de Revitaliza de Voz natura na cal nos explicaron a través de xogos e dun conto como se fai o compost e da súa importancia.
Xogamos cos pompóns e os números
Continuamos traballando a lectoescritura de todos os xeitos posibles e nesta ocasión escribimos en pan raiado.
Xogamos a cazaras vogais
Polo "Día da muller" todos os nenos e nenas de infantil fixemos un debuxo das mulleres importantes nas nosas vidas: nais, avoas,... e con todos eles fixemos este mural.
Fomos coa profe Ana á clase de luz que tanto nos gusta.
Sementamos xirasois
Xogamos
Xogamos aos aros musicais
"Andaina por Rosalía" xogamos no parque de Seixo.