xoves, 31 de marzo de 2022

ENTROIDO, DÍA DE ROSALÍA E...

 Na clase de 3 anos gústanos moito disfrazarnos e aproveitando o entroido estivemos investigando sobre os peliqueiros.

 

 

 



Tamén nos pintamos de pallasos.


Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro primeiro investigamos un pouquiño sobre quen era e a que se adicaba. Despois traballamos o seu poema "Vente rapasa" e decoramos un pensamento ( a súa flor preferida) con palabras da poesía que despois empregamos para formar parte da "I Andaina de Rosalía".Por último plantamos un pensamento.





Fixemos uns bonecos de neve para decorar a entrada do cole.

 Aproveitamos o momento da asemblea para facer xogos en gran grupo.

Aquí traballamos máis que- menos que

Traballamos os números ata o 5 e os diferentes xeitos de representalos


Traballamos o sentido numérico facendo torres de tantas pezas como indica cada número



 
Xogamos a  asociar cartas que teñen a mesma cantidade ata o número 6 
 

Traballamos "tantos como"  xogando a poñer tantos coches como dedos indica cada man ata o número 5.

Xogamos a facer torres coas pezas lego

Xogamos coas formas xeométricas e os cadros de dobre entrada pero aínda é un pouco complicado.

Este trimestre estivemos traballando a separación de residuos coa axuda da patrulla canina e comezamos a reciclar. Tamén estamos aprendendo a facer compost.


 

Recibimos unha charla de Revitaliza de Voz natura  na cal nos explicaron  a través de xogos e dun conto como se fai o compost e da súa importancia.

Xogamos cos pompóns e os números


Continuamos traballando a lectoescritura de todos os xeitos posibles e nesta ocasión escribimos en pan raiado.

 Xogamos a cazaras vogais

 

Polo "Día da muller" todos os nenos e nenas de infantil fixemos un debuxo das mulleres importantes nas nosas vidas: nais, avoas,... e con todos eles fixemos este mural.

Fomos coa profe Ana á clase de luz que tanto nos gusta.
Sementamos xirasois

 

Xogamos




 

 Xogamos aos aros musicais

 

 "Andaina por Rosalía" xogamos no parque de Seixo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario