Amosando publicacións coa etiqueta graduacion. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta graduacion. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de xuño de 2021

FACÉMONOS MAIORES

Un fantástico grupo de 10 nenos e nenas rematamos este ano unha etapa moi especial, despois de 3 anos en infantil o próximo curso daremos o salto a primaria!
Así de guapos nos puxemos para este acto tan importante no noso cole... A profe Reme e a profe Sandra foron as encargadas do vestiario...
Non quixemos perder a oportunidade de facernos unha foto de grupo coa nosa profe Reme...
E chegou o momento de recibir as nosas orlas de graduacións...
A nosa profe Reme dedicounas unhas palabras moi bonitas...
E quixemos darlle a ela e a profe Sandra uns agasallos para que se lembren de nós...

A verdade e que medramos un montón! Mirade o cambio dende que chegamos á clase de 3 anos ata que rematamos agora na clase de 5 anos!









Desfrutade moito o verán, vémonos en setembro, as profes de infantil estaremos esperando as vosas visitas!

xoves, 28 de xuño de 2018

FACÉMONOS MAIORES!

Un fantástico grupo de 17 nenos e nenas rematarón este ano unha etapa moi especial, despois de 3 anos en infantil o proximo curso darán o salto a primaria!



A profe Maricarmen agasallounos cunha orla de recordo dos anos compartidos xuntos e un diploma para cada neno e nena como peche a esta etapa tan especial. 





Un grupo cheo de enerxía... que maiores!!! Tamén lle mandamos un bico á profe Ángela que rematou o ciclo con eles. 


A verdade é que medraron un montón... mirade o cambio cando chegaron á clase de 3 anos e agora que remataron na clase de 5!!




















Desfrutade moito o verán, vémonos en setembro, as profes de infantil estaremos esperando as vosas visitas!

luns, 9 de outubro de 2017

OS PEQUES VAN MEDRANDO!!

Os nenos e nenas da clase de 5 anos xa viviron 3 anos fantásticos co profe Jorge en infantil e agora mesmo xa están "no piso de arriba"... que maiores!!


Todos recibiron unha orla e un diploma como recordos destos 3 anos que esperamos sean inolvidables para todos e todas!



O profe Jorge entregou as orlas e os diplomas un por un como estos peques se merecen, porque cada un e cada unha son únicos e especiais! 

               




 
  
   
  

Que sigades desfrutando do cole e non olvidedes vir a visitarnos! 




So pasaron 3 anos???? estes peques medraron un montón!! Así eran en setembro de 2014 


Aquí vos deixamos un regaliño moi especial que compartimos en fin de curso cos nenos e nenas: 5 minutos de recordos dos 3 anos en infantil!



Mil grazas a todos e tamén as vosas familias por axudarnos estes anos.... e por eses agasallos tan peronais e especiais: nunca vos olvidaremos!!