Un fantástico grupo de 17 nenos e nenas rematarón este ano unha etapa moi especial, despois de 3 anos en infantil o proximo curso darán o salto a primaria!

A profe Maricarmen agasallounos cunha orla de recordo dos anos compartidos xuntos e un diploma para cada neno e nena como peche a esta etapa tan especial.

Un grupo cheo de enerxía... que maiores!!! Tamén lle mandamos un bico á profe Ángela que rematou o ciclo con eles.
A verdade é que medraron un montón... mirade o cambio cando chegaron á clase de 3 anos e agora que remataron na clase de 5!!

Desfrutade moito o verán, vémonos en setembro, as profes de infantil estaremos esperando as vosas visitas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario