xoves, 27 de setembro de 2018

RENOVAMOS A ARNALDO

Dentro de pouquiño iremos de novo a biblioteca a coller libros para poder compartir coas nosas familias e para que cando lemos na biblioteca os contos queden ben ordenadiños e sepamos onde colocalos novamente estamos a facer uns novos ARNALDOS como puntos de lectura.
Nos puxemos mans a obra e A PINTAR!!


martes, 25 de setembro de 2018

OS DE 5 TEMOS NOVOS ARNALDOS

            Co comenzo do novo curso escolar tamén poñemos en marcha a nosa biblio do cole e comenzamos elaborando uns novos Arnaldos (máis grandes para non perdelos...) que nos servirán para saber despois onde colocar os contos ou libros que collemos.




A FAUNA DO NOSO PATIO

No cole de Seixo temos un patio marabilloso e somos moi afortunados por iso. É tan bonito que todos o queren visitar, incluida esta vacaloura que non se puido resistir a pasear e escalar polas nosas fermosas árbores... e nos desfrutamos observándoa. 





AUTORRETRATOS

Recordando momentos do curso pasado lembramos estes retratos que os máis peques fixeron pouco antes de rematar o curso... e non hai dúbida que son uns artistas: están igualiños!!!




  










luns, 24 de setembro de 2018

ANIVERSARIO LUCÍA

Esta semana volvemos a celebrar outro aniversario , neste caso o de Lucía que aínda que xa cumpriu en agosto quería celebralo con nós.
Así que fixemos a coroa.
A oruguiña de agasallo e contounos moitas cousas da súa vida e sobre todo do ben có pasou este verán mentres celebrabamolo como nos ensinou a profe Ana e tanto nos gusta.


E para rematar comimos o biscoito e cantamos todos xuntos


venres, 21 de setembro de 2018

ANIVERSARIO DE AINE E ANTÓN

O 14 de setembro cumpliron anos Aine e Antón e quixeron celebralo con todos nós na aula, para o que trouxeron un biscoito para compartir e sopraron con axuda de todos as velas.


E seguindo coa fermosa tradición que creou na aula a Profe Ana vimos como pasaba o tempo da nosa vida co mundo o redor do sol contándonos a través das fotos un pouquiño de eles mesmos






Por último levaron un pequeno recordo do día unha pequena oruguiña na que os seus pes son as pegadas dos compañeiros.


xoves, 20 de setembro de 2018

COÑECENDONOS

Estes primeiros días temos que coñecernos mellor, os nosos nomes, os noso gustos... xa que temos un compañeiro novo e tamén unha mestra nova.
Para isto que mellor que comezar cunha técnica cooperativa tan divertida como é a TEA DE ARAÑA, cunha boliña de trapillo que imos lanzando os compis pero que sempre permanecemos agarrando por un extremo ata que tecemos unha verdadera tea de araña.
Esta primeira vez falamos das cousas que nos gustaban e nos presentamos polo noso nome, foi un momento divertido e que nos axuda a cohexionar o grupo cos novos membros.

Podemos ver o importante que somos todos no noso grupo pois se un solta o seu anaco a TEA desfaise.

Como os primeiros días non estivo Óscar repetimos unha nova TEA DE ARAÑA e Xa somos uns expertos!!!!!


luns, 17 de setembro de 2018

4 ANOS NA FESTA DO SABER: OS CONTOS

Como ben di o refrán "mais vale tarde que nunca" aqui déixovos as fotos do noso PDI: "Os contos" que expuxemos tanto para os nenos do cole como para as familias ó remate do curso pasado.
























Aquí tendes os vídeos que foron o producto final do noso traballo de investigación sobre os contos realizado na aula e coa colaboración das familias. Unha vez máis grazas familias pola vosa colaboración. Este curso máis e mellor!!!