xoves, 13 de setembro de 2018

A CLASE DE 4 ANOS ESTÁ EN MARCHA!

Esta tropa de marabillosos nenos e nenas que vedes na foto somos os da clase de 4 anos: e xa non somos os máis peques do cole!! Chegamos coas pilas cargadas e con moitas ganas de aprender e desfrutar un curso inolvidable.



O primeiro día deste curso estivo cargado de emoción polo reencontro despois de todo o verán, e tamén cheo de benvidas e despedidas. 
Despedimos á profe Ana que este curso non poderá estar con nós... pero sabemos que nos vai botar moito de menos e que non se resistirá a visitarnos!


E tivemos dúas benvidas moi especiais. Temos un compi novo que moitos xa coñecíamos da Galiña Azul, e que estamos moi felices de ter na nosa clase: benvido Iker! desexamos que o pases pipa con todos nós.
E tamén recibimos con moita ilusión á profe Loreto que será a nosa titora na clase de 4 anos e que, sen dúbida, nos axudará a pasar un ano xenial!


Arrancamos cheos de enerxía. 
Feliz curso a todos e todas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario