Queredes ver como compartimos os peques o aprendido nos nosos proxectos? podedes velo no lod de Arnaldo. Premede na imaxe de cada curso e iredes directiños!
Cando chegamos tivemos un tempo libre para xogar e situarnos no terreo. Sempre disfrutamos moito na natureza!
Separámonos en dous grupos. Os de 5 anos, expertos no neolítico, fomos primeiro a ver petroglifos e logo fixemos un obradoiro de agricultura. Mirade que ben o pasamos:
A ANPA convidounos a merendar e unhas nais viñeron para facernos uns deliciosos bocatas que nos serviron para coller moita enerxía! Grazas por coidarnos tanto!
Os de 3 e os de 4 fixemos un obradoiro de pintura e tamén paseamos polos petróglifos:
Mirade que pinturas tan "neolíticas" nos fixeron!! Así lucimos os da clase de 5 anos.
Dentro de moi pouquiño estaremos de vacacións e os peques do cole queren achucharse moito porque logo xa non poderán facelo a diario. Mirade que cariñosos comezaron o día!
QUE TEÑADES UN BO DÍA!
adxuntamos unha chea de abrazos virtuais para todos ;)