Amosando publicacións coa etiqueta plastica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plastica. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de xuño de 2018

PLASTILINA E CREATIVIDADE

      Xa rematado o curso, imos lembrar algunhas das actividades que fixemos. Unha delas foi  moldear plastilina. A plastilina e un recurso moi antigo e divertido que ten numerosos beneficios para a aprendizaxe dos nenos e nenas, estimula a creatividade, favorece a motricidade fina, e tamén ensina as cores e como mezclalas para obter outras novas. Tamén os tranquiliza e concentra. Por iso e un bo recurso para última hora da mañá.
           ¡¡ Mirade que cousas mais chulas fixemos..!!!




















xoves, 24 de maio de 2018

LETRAS MÁXICAS

Encántanos pintar con pincel, e estamos descubrindo que nos gustan moito as acuarelas. 
O outro día fixemos unha actividade máxica, que nos deixou pasmados. Libremente todos pintamos sobre cartolinas brancas... pero a medida que a enchíamos de cores sucedía algo marabilloso que nos deixou pasmados... aparecían os nosos nomes!!


 






martes, 24 de abril de 2018

A PRIMAVERA DE VIVALDI

Os nenos e nenas da clase de 3 anos seguen desfrutando coa música da primavera de Vivaldi. Fai uns días fixeron 4 cadros acompañados por esta música. (Podedes velos premendo AQUÍ).


Esta vez fixeron un cadro entre todos pintando coas mans. 


Experimentar coas cores e desfrutar co tacto da pintura é algo xenial. 



Non hai máis que velos en acción para comprobar o marabilloso efecto que causan a música e a arte. 


Desfrutade desta peza de música clasica e de ver o ben que o pasan os peques pintando!

mércores, 11 de abril de 2018

ARTE PRIMAVERAL

As 4 estacións de Vivaldi é unha obra moi coñecida. Os peques pintaron 4 grandes cadros escoitando "A primavera" e este foi o marabilloso resultado.






Non vos perdades este vídeo, é unha delicia ver o relaxados e tranquilos que están escoitando música e pintando libremente.

martes, 20 de marzo de 2018

APRENDEMOS XOGANDO!!!

Aquí déixovos algunhas das cousas tan divertidas que facemos en clase e a través das cales aprendemos moitas cousas. Que divertido é aprender xogando!!!
 
  
 

 
 
 
 
 

 

domingo, 14 de xaneiro de 2018

ARTE EN MOVEMENTO: PINTANDO CON CANICAS

O cole está cheo de artistas que desfrutan un montón pintando de diferentes maneiras.



Esta vez os peques da clase de 3 anos probaron a arte en movemento... e pintaron con canicas!!



Elixir 3 cores, botar as canicas e.... a rodar e pintar!



Mirade que sinxelo e divertido... e todos alucinados e sorprendidos por pintar con canicas!


Aquí vos deixamos algún exemplo do bonitos e coloridos que quedaron os cadros. 



sábado, 30 de decembro de 2017

NADAL NA CLASE DE 3 ANOS

O nadal está cheo de luces, de cores, de purpurina... de mooooita purpurina! E os máis peques do cole pasámolo pipa facendo obradoiros de nadal.


Coa árbore de fieltro xogamos a decorala todas as veces que quixemos... practicando para decorar a árbore de casa.  



E tamén aproveitamos para facer unha sesión de fotos. 



Somos uns súper decoradores!


Tamén preparamos uns adornos para a porta de clase que despois levamos para casa. 



Reciclamos cds, e cada un decorou o seu como quixo. 



Mirade que estrelas taaaan fermosas!!!




E a porta quedou chulísima!



Tamén pintamos unha árbore co profe Jorge... encántanos pintar on pincel!!!



E seguimos reciclando, esta vez as caixas dos ovos. Adiviñades quenes son as estrelas da árbore??? 



BO NADAL A TODOS!