sábado, 30 de decembro de 2017

NADAL NA CLASE DE 3 ANOS

O nadal está cheo de luces, de cores, de purpurina... de mooooita purpurina! E os máis peques do cole pasámolo pipa facendo obradoiros de nadal.


Coa árbore de fieltro xogamos a decorala todas as veces que quixemos... practicando para decorar a árbore de casa.  



E tamén aproveitamos para facer unha sesión de fotos. 



Somos uns súper decoradores!


Tamén preparamos uns adornos para a porta de clase que despois levamos para casa. 



Reciclamos cds, e cada un decorou o seu como quixo. 



Mirade que estrelas taaaan fermosas!!!




E a porta quedou chulísima!



Tamén pintamos unha árbore co profe Jorge... encántanos pintar on pincel!!!



E seguimos reciclando, esta vez as caixas dos ovos. Adiviñades quenes son as estrelas da árbore??? 



BO NADAL A TODOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario