Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2017/18: Explorando na casa de Arnaldo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2017/18: Explorando na casa de Arnaldo. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de setembro de 2018

4 ANOS NA FESTA DO SABER: OS CONTOS

Como ben di o refrán "mais vale tarde que nunca" aqui déixovos as fotos do noso PDI: "Os contos" que expuxemos tanto para os nenos do cole como para as familias ó remate do curso pasado.
























Aquí tendes os vídeos que foron o producto final do noso traballo de investigación sobre os contos realizado na aula e coa colaboración das familias. Unha vez máis grazas familias pola vosa colaboración. Este curso máis e mellor!!!




xoves, 28 de xuño de 2018

5 ANOS NA FESTA DO SABER: OS ILUSTRADORES

Dentro do proxecto do cole, no que estivemos vendo diferentes recursos da biblioteca, os de 5 anos elexiron os ilustradores e ilustradores para investigar e descubir cousas moi interesante sobre estas persoas que dan tanta vida aos contos. 


Na festa do saber convidaron aos compis de 1º e 2º e con todos compartiron o aprendido na súa investigación. 



Tamén convidaron ás familias para compartir con eles o moito que aprenderon e o en que o pasaron. 






Neste vídeo resumen parte do que aprenderon sobre ilustradores e ilustradoras, especialmente sobre Marc Taeger, un ilustrador que casi é veciño noso. 



Bo traballo! Sodes uns artistas!

martes, 26 de xuño de 2018

3 ANOS NA FESTA DO SABER COA MESA DE LUZ

Dentro do proxecto do cole deste ano, os máis peques estiveron traballando e investigando coa mesa de luz, e compartiron o aprendido con compis do cole... que nervios!



Todos escoitaron con moita atencion falar de cousas translucidas, fluorescentes,.... canto saben estos pequechos!



Tamén invitaron ás familias a vir ao cole para ver en persoa o moito que traballaron coa mesa de luz. 



As familias desfrutaron moito vendo a estes pequenos artistas.


O primeiro que compartiron na súa exposición, foi un vídeo con moitos xogos e actividades que fixeron durante o curso coa mesa de luz. 


Despois puxeron un vídeo do proceso de montaxe da súa pelicula, para o que usaron moitos recursos da biblio: cámara, mesa de luz, radio.... mirade que ben o pasaron. 


E tanto traballo tivo un resultado marabilloso, así de bonito lles quedou o conto que montaron entre todos:


Despois de ver os diferentes vídeos, os peques convidaron aos compis e ás familias, a xogar coa mesa de luz... foi un tempo moi chulo!


sábado, 16 de xuño de 2018

INSTANTÁNEAS NA AULA

Está a piques de rematar o curso e nos entra a morriña repasando fotos e atopando algunhas instantáneas soltas de momentos de xogo... de traballo... todo se mestura, porque xogando aprendemos e aprendemos xogando. As imaxes falan por si mesmas. Os peques do cole traballaron moito este ano!