martes, 26 de xuño de 2018

3 ANOS NA FESTA DO SABER COA MESA DE LUZ

Dentro do proxecto do cole deste ano, os máis peques estiveron traballando e investigando coa mesa de luz, e compartiron o aprendido con compis do cole... que nervios!



Todos escoitaron con moita atencion falar de cousas translucidas, fluorescentes,.... canto saben estos pequechos!



Tamén invitaron ás familias a vir ao cole para ver en persoa o moito que traballaron coa mesa de luz. 



As familias desfrutaron moito vendo a estes pequenos artistas.


O primeiro que compartiron na súa exposición, foi un vídeo con moitos xogos e actividades que fixeron durante o curso coa mesa de luz. 


Despois puxeron un vídeo do proceso de montaxe da súa pelicula, para o que usaron moitos recursos da biblio: cámara, mesa de luz, radio.... mirade que ben o pasaron. 


E tanto traballo tivo un resultado marabilloso, así de bonito lles quedou o conto que montaron entre todos:


Despois de ver os diferentes vídeos, os peques convidaron aos compis e ás familias, a xogar coa mesa de luz... foi un tempo moi chulo!


Ningún comentario:

Publicar un comentario