Desde infantil potenciamos a adquisición do esquema corporal, xa que axuda aos nenos e nenas a construír a imaxe do seu corpo. Dentro do esquema corporal unha parte importante (non a única) é coñecer as partes do corpo, para que, pouco a pouco, poidan recoñecer e situar cada unha delas sen esquecerse de ningunha.
Coa axuda destes puzzles traballamos as partes da cara. Foi unha proposta que todos aceptaron con moita emoción en canto viron as súas fotos.
Primeiro entre todos os pelos, logo bocas, logo ollos e finalmente narices (o máis dificil) xogamos a buscarnos e recoñecernos.
Despois de xogar a recoñecer as nosas partes e as dos compis, cada un montón o puzzle da súa propia cara, algún con algunha dificultade pero todos o conseguimos.... incluida a profe Ana.
Despois chegou outra parte moi divertida que foi mesturar todas as caras... partíronse de risa... e a verdade é que non era para menos!!!
Mirade algúns exemplos a ver se tamén recoñecedes as diferentes partes... é un bo traballo de observación!
E cando os últimos que quedaron xogando estaban recollendo... ocorréuselles unha idea moi divertida que seguro que nos dará moito xogo... combinar as fotos coas partes reais: estes peques son xeniais!
Ningún comentario:
Publicar un comentario