Amosando publicacións coa etiqueta traballo en equipo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta traballo en equipo. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de xaneiro de 2021

Semana de borrasca...

Ola familias!! Aquí vos deixo o resumo desta semana, fixemos unha chea de cousas!!

 Comezamos a semana traballando matemáticas... cada un de nós escolleu un número do 1 ao 10, representámolo cos dedos das mans, colocamos as piruletas correspondentes no seu número, contamos co ábaco as boliñas según a cantidade escollida, e seguimos a grafía repasando co dedo na pizarra.

 

 

O martes, Arnaldo tróuxonos unha ficha do numero un, e coa axuda dun bebé que tiña 1 ano, aprendemos a seguir a grafía deste número seguindo a direccionalidade correcta. Fixémolo xenial!!
 

 

Ademais, esta semana Arnaldo prestounos dous xogos da bibliteca, aprendemos a xogar a Wauu! e a o Frutalito.



 

O mércores o tempo sorprendeunos cunha borrasca!! Viñemos moi abrigados e enseguida nos puxemos as zapatillas para ter os pés ben quentiños..


Aproveitamos para ver os mapas de satélite para observar como se formaba a borrasca e despois fixémola nós mesmos.

 O traballo de mesa funciona a todo tren!! Os pequechos saben perfectamente o que teñen que facer para traballar en equipo e organízanse moi ben!




 

Divertímonos moito nos xogos nos recunchos... fixemos mandalas con elementos naturais, desfrutamos montando puzzles máis dificiles, construccións, obras artísticas...





A profe Natalia montounos un circuito no que desfrutamos moito e queimamos enerxía!

Acabamos esgotados!!


Mais diversión no patio...


Primeiras creacións escultóricas!