luns, 25 de outubro de 2021

APRENDEMOS XOGANDO

 Na clase de 3 anos continuamos traballando o outono e fixemos uns farois para decorar o corredor.

 

 

 

  Tamén pintamos follas naturais estampando con bastonciños coas cores do outuno. 



 Xogamos a un xogo de vocabulario e diferenciar cores

 

 

 Encántanos xogar coa plastilina

 

 

 Traballamos os números de maneira manipulativa.

 

 

 

   Aproveitamos os recantos ao máximo

 

 

 Debuxamos nas lousas novas.

 

 Gústanos moito os animais e a profe Sara preparou un bingo deles ( aínda nos custa un pouquiño entender a dinámica do xogo pero pouquiño a pouco irémolo conseguindo) A verdade que nos gustou moito.

 

Pintamos por primeira vez cos rotuladores.


Seguimos gozando deste fantástico patio ( na casiña de madeira, xogamos coa auga no fregadeiro, lanzamos follas de outono,...)

 

 

 

 

 Fixemos a nosa primeira saída pola contorna do cole e a verdade é que nos divertimos moito.


sábado, 16 de outubro de 2021

Seguimos gozando da aprendizaxe!!

 Bo día familias!! 

Na escola seguimos aproveitando os recantos que temos para sacar todo o proveito posible e así desenvolver todas as nosas capacidades. Neles creamos, pensamos, construímos, escribimos, reproducimos esquemas, observamos, analizamos cualidades e cantidades e investigamos todo aquilo que esperta o noso interese.






 




 Continuamos coidando a horta... desta vez plantamos berzas!

E analizamos e recollemos froitos das nosas árbores froiteiras...

E sobre todo aproveitamos para facer saídas pola nosa contorna, que é un tesouro!! Gozamos moitísimo!!!





E a volta seguimos con ganas de seguir xogando xuntos e de crear, somos marabillosos!!


 

 

xoves, 14 de outubro de 2021

DIVERTÍMONOS NO PATIO

 Ademais de divertirnos e aprender na aula tamén o facemos no patio e por iso querémosvos ensinar unhas fotos do ben que o pasamos na hora do recreo.


 

Pero que guapos e maiores estamos!!!

 

domingo, 10 de outubro de 2021

ANIVERSARIOS

 Este mes de setembro tivemos de aniversario a María que xa ten 5  anazos!!! Para celebralo cantámoslle, elaboramos a súa coroa de aniversario e fixémoslle un agasallo entre  tod@ s que nos quedou  chulísimo. 

 

Moitos parabéns María!!!

 E tamén, agora en setembro, aproveitamos para celebrar os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron nos meses de verán e que non puidemos facer  por estar de vacacións.






 Moitos parabéns Brais, Mia, Valeria, Antía, David e Iago!!!