Os pequechos de 4 anos xa estamos coas pilas cargadas e moi contentos de voltar a vida do cole!! Cambiamos un pouco a dinámica da aula e temos recunchos novos...
Artisteamos, aprendemos e practicamos matemáticas, escribimos, lemos e compoñemos palabras, e sobre todo xogamos, xogamos moito para aprender de todo!!
Descubrimos as troqueladoras... parecemos unha fábrica!!
Adoptamos dúas plantas... para ter máis vida dentro da aula:
Recollemos na nosa horta tomates, e fixemos unha receita moi sinxela que nos encantou a case todos, PANTUMACA!
Escribimos a receita de forma conxunta na asamblea:
Traballamos en gran grupo as matemáticas, asociando cantidades...pero non solo estamos traballando matemáticas... tamén a respectar a os compañeiros no seu turno, a esperar o noso sen molestar aos demais, estar atentos, etc...
Démoslle a benvida ao outono facendo unha coroa de follas secas:
Comezamos a traballar os animais que viven no bosque, estamos moi animados co tema!
Aprendemos a xogar a xogos de mesa novos, agora estamos co Woolfy, un xogo cooperativo dos tres porquiños e o lobo.
Comezamos co préstamo de biblioteca, eliximos o conto e despois dicímoslle a profe cal é o número de rexistro para anotalo na libreta de préstamos.
Divertímonos no patio...
Celebramos os aniversarios dos nosos amiguitos, Eydan, Sara e Ari, cun agasallo moi especial!
E como non... contos contiños ao aire libre!!
Pronto máis novidades!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario