venres, 1 de outubro de 2021

BENVIDO OUTONO

Os nenos e nenas de 3 anos estamos moi contentos no cole de maiores.

Estes días estivemos traballando o conto do "Polo Pepe" e escoitamos a súa canción. Aproveitamos que Luca trouxo espigas de millo e debullamos. Despois pintamos con pincel ao noso polo Pepe e pegamos nel algúns grans de millo.






 

Como cambiamos de estación quixemos darlle a benvida ao outono e para iso decoramos a porta de entrada do cole.






Tamén introducimos novas propostas para traballar a motricidade fina, aspectos que continuaremos traballando ao longo do curso. A verdade que resultaron un éxito porque nos gustaron moito.




Xogamos libremente  coas formas xeométricas na alfombra.


No tempo do patio estivemos na horta  coa teacher Fátima quitándolle as malas herbas aos tomates e regando. Ademais atopamos un caracol que nos espertou moita curiosidade.

Aproveitamos todo os días para bailar un ratiño.



Ningún comentario:

Publicar un comentario