martes, 11 de xullo de 2023

UNHA TROPA DE DESFRUTONES DESPIDEN O SEU PRIMEIRO ANO NO COLE!

Parece que foi onte cando 15 valentes nenos e nenas chegaron ao cole de Seixo cargados de nervios, e con moita ilusión, pero xa pasaron 9 meses e acaban de despedir o seu primeiro ano no cole cheos de enerxía e alegría: que tropa de desfrutones!!!


Cantas cousas especiais pasaron este mes! Ademais do traballo do día a día fixemos moitas cousas diferentes: temos moito que contar! A primeira semana, do 5 ao 9 de xuño, pasou algo moi especial: "medrou" herba no soportal!! Alucinamos un montón e desfrutamos dela dende o primeiro momento. A verdade é que todo o noso patio é un auténtico tesouro e nel vivimos moitas aventuras!!!

Pero, sen dúbida, o máis especial desa semana foi a excursión de fin de curso. Aínda que a chuvia nos fixo dubidar, puidemos aproveitar o día a tope: acuario, barco, illa.... un diazo!!! Aquí tendes un super vídeo cargado de recordos dun día inesquecible.

Na semana do 12 ao 16 puxémonos a tope a rematar as cousas da exposición. Despois de ver os peixes no Acuario, xa estábamos listos para facer os nosos peixes ao estilo de Luca Paroli: traballamos un montón e fixemos auténticas obras de arte! Esa semana tamén celebramos o día da bicicleta: un transporte 100% RqueR! (Podedes ver máis do dia da bicicleta premendo AQUÍ)

Despedimos esa semana celebrando que Ariani, Roi e Gala teñen 3 anos, e antes de comezar o próximo curso cumprirán 4. Fixemos unha festa con eles e démoslle o agasallo especial coas nosas pegadas: canto nos gustan as festas!!!

A última semana, do 19 ao 21, foron tres días cargados de actividades especiais: xogamos as finais das competicións deportivas, participamos nunha masterclass de zumba, fixemos unha despedida especial (con graduacións, merenda conxunta....). O mellor é que pasedes polo blog de Arnaldo (podedes facelo premendo no nome de cada unha das actividades). A maiores, aquí tendes algunhas imaxes nosas deses días.

A última semana celebramos que antes de rematar o mes, Eira e Dylan cumprirán 4 anos, e tamén celebramos os 3 de Saúl. Desfrutamos dunha merenda especial e dun bailoteo que tanto nos gusta.

A exposición final foi un auténtico éxito, chea de traballos incribles que podedes ver premendo AQUÍ. Todo o alumnado e o profesorado fixemos un gran esforzo para demostrar que reciclando, reutilizando.... e con todas as ERRES pódese facer arte de categoría!! Neste pequeno vídeo podedes ver o que fixemos na nosa clase: un cadro feito de cartóns vellos, os peixes ao estilo Luca Paroli e a Xacia Luviñas que nos ensinou moitas cousas.

Así versionamos o conto da Xacia Luviñas, un conto de Anxo Moure co que aprendemos como podemos coidar a natureza e tamén ás persoas que nos rodean: somos uns actorazos!!!

Oxalá este curso deixe en cada peque unha pegada tan grande coma na mestra!!!
O ano que ven máis e mellor!!

mércores, 5 de xullo de 2023

O 3º TRIMESTRE NA CLASE DE 4 ANOS

 Neste último trimestre estivemos traballando o proxecto "Os Golfiños".


 Coa chegada da primavera introducimos propostas novas.



Polo Día do libro elaboramos uns marcapáxinas moi especiais!

 



Tamén polo Día do Libro contamos o conto da "Eiruga larpeira" co Kamishibai que preparamos coa profe Bea.

 Por suposto, fixemos a nosa propia bolboreta que como no conto saíu do seu casulo.

Polo Día das Letras Galegas fixemos uns xogos para coñecer a Francisco Fernández del Riego e fixemos un retrato del. Ademais elaboramos uns carteis con palabras en galego relacionadas coa natureza que empregamos na andaina pola lingua que fixemos ata A Pradeira.

 
 
 Investigamos a unha artista moi especial, Judith Scott coñecida como a muller araña.
 

Aprendemos xogando
Conciencia fonolóxica 


Escaleira dos números de Bob Esponxa ata o número 50.


Xogamos coas casiñas do 0, do 10, 20 e 30.


Ordenamos as cartas dos pauciños.

Xogamos coas cartas dos animais.


Repasamos letras e números

Xogamos coas pedras de cores a facer formas xeométricas

Decoramos letras dobres

Xogamos na aula de luz

Xogamos coa plasti a facer letras

Para conmemorar o Día da familia  plantamos amorodos para regalarlles as nosas familias.


Elaboramos a nosa propia escultura con material de refugallo.

Fomos de excursión de fin de curso




Celebramos o Día da bici no cole.


 
Celebramos os aniversarios de Zeltia, Sabela, Anxo Riveiro, Antón e Anxo Ave.
 



BOAS VACACIÓNS. 
VÉMONOS EN SETEMBRO!