Ola familias!
Aquí deixámosvos de novo algunhas imaxes de moitas das cousas tan chulas que facemos, o moito que traballamos e aprendemos e o ben que o pasamos. Esperamos que vos guste e que gocedes véndoo!!!
ARTISTEANDO
Ola familias!
Aquí deixámosvos de novo algunhas imaxes de moitas das cousas tan chulas que facemos, o moito que traballamos e aprendemos e o ben que o pasamos. Esperamos que vos guste e que gocedes véndoo!!!
ARTISTEANDO
Á volta das vacacións de Nadal atopamos baixo árbore un agasallos que nos deixaron os Reis Magos. A verdade é que xogamos moito!!!

Continuamos traballando o proxecto do corpo humano. Nesta ocasión atopamos na clase a maqueta do sistema locomotor.
Colocamos algúns músculos no seu lugar.
Investigamos cousas sobre o cerebro e as funcións das diferentes partes. Tamén investigamos sobre o sistema respiratorio.
Fixemos xogos cos números
Xogamos a Cántos faltan para chegar a un determinado número?
Ordenamos medios de transporte por tamaños (de maior a menor tamaño e de menor a maior tamaño)
Xogamos co Bee-bot e traballamos a orientación espacial e a programación.
Comezamos co Kubyx ( as veces libremente e outras coas plantillias)

Comezamos un proxecto de arte sobre Kandinsky
Primeiro estivemos falando sobre unha fotografía que resultou ser o retrato dun artista chamado Wassily kandinsky. Despois buscamos información e escribimos datos importantes da súa vida. Comezamos versionando a súa obra "Círculos". Nas vindeiras semanas versionaremos mais obras del.

Celebramos os aniversarios de Oliver e Leyre que xa teñen 5 anos.